O BNG exise a comparecencia de Feijóo ante a denuncia da Fiscalía contra dous altos cargos da Xunta

Protesta no Parlamento de afectad@s de Hepatice C

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirma que a denuncia formulada pola Fiscalía por homicidio imprudente a dous altos cargos da Xunta e outro por prevaricación por retrasar as peticións e subministro dos fármacos contra a Hepatite C, “por razóns presupostarias”, esixe a urxente comparecencia do Presidente da Xunta

Protesta no Parlamento de afectad@s de Hepatice C

O portavoz parlamentario, Francisco Jorquera anunciou hoxe que o BNG pedirá a comparecencia “urxente” do Presidente Núñez Feijóo no vindeiro pleno, trala  denuncia da Fiscalía por un delito de homicidio imprudente e outro por prevaricación contra dous altos cargos da Xunta por retrasar os fármacos da Hepatite C por “razóns presupostarias”.

O portavoz nacionalista anunciou que o BNG solicitará a comparecencia urxente no vindeiro pleno e imos, dixo, “interpelar a Feijoo sobre esta cuestión porque ten que dar explicacións das súas políticas”, políticas, recalcou , “que por desgraza, teñen estas consecuencias”.

Ante os medios de comunicación, Jorquera afirmou que os procedementos foron incumpridos por razóns orzamentarias que tiveron como consecuencia non atender a persoas que necesitaban con urxencia ese fármaco e nalgúns casos con "resultado de morte".

Para o portavoz do grupo parlametario do BNG, Feijóo, “en vez de presumir de ser o campión do cumprimento dos obxectivos do déficit, o que debería priorizar son as necesidades sociais” e non deixar as persoas gravemente enfermas “na indefensión absoluta” pola súa obsesión por priorizar os ditados do Goberno central a respecto do déficit.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG