parlamento galego

BNG denuncia o incumprimento da promesa da Xunta sobre o ecobarrio da Ponte e recrimina que o goberno galego siga “tomándolle o pelo á cidadanía” de Ourense

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas criticou que a Xunta responda que “non pode remar soa” porque non conta coa colaboración do concello cando o goberno de Pérez Jácome foi apoiado polo PP

A deputada do BNG, Noa Presas  trasladou unha pregunta ao goberno  relativa ao que cualificou como “ecobarrio fantasma” da Ponte en Ourense ante o incumprimento da promesa da Xunta, do  ano 2018, para mellorar a vida e usos enerxéticos da cidadanía.

Tras a resposta do director  xeral de Planificación enerxética, Pablo Fernández Vila que recoñeceu que a “Xunta non pode remar soa” no proxecto porque non conta coa colaboración do concello, Noa Presas ironizou replicando que parece que o PP non estivo presente  no concello desde o ano  2018.

Para a nacionalista “estamos ante  unha nova promesa incumprida dun goberno que “lle toma o pelo a Ourense” comezando polo presidente Rueda que tras reunirse co alcalde, Gonzálo Pérez Jácome, volve a insistir nas mesmas promesas e demostrando descoñecer os verdadeiros problemas de Ourense. Rueda  non quere referirse aos “deberes incumpridos do PP” sobre o  transporte metropolitano, a plantación de árbores ou un CIS que xa existe  en Lugo e Lalín mentres en  Ourense permanece en  “dique seco” ao igual que os novos  centros   de saúde.

O PP e Rueda á cabeza, recalcou  a deputada,  demostran o seu descoñecemento cando se refiren  como  estudar o soterramento da avenida Otero Pedrayo cando  meteron o proxecto no  caixón ocupando a alcaldía, Jesús Vázquez  e  xa gastaron 3 M€ en 2 rotondas e 2 fontes, e agora a cidadanía de Ourense temos que conformarnos pensando que “Jámome e Rueda son moi listos e os demais somos idiotas”.

O PP, reprobou a nacionalista, está especializado en “mentir “ e omitir as promesas incumpridas, entre as que destacou “0 residencias públicas para maiores financiadas pola Xunta, 0 escolas infantís”.

Sobre o ecobarrio preguntou cantos recursos van executados e que reprogramación está prevista porque “ían investir en eficiencia enerxética 20 millóns de euros e resultou ser falso,  crear 300 postos de traballo,  outra falsidade, e abrir unha oficina do ecobarrio, de novo falso porque o  único  que fixeron foi iluminar a Chavasqueria e 8 pasos  de peóns”.

A deputada lembrou que no ano 2021 nunha  comparecencia, naquel momento,  da directora de planificación enerxética, Paula Uria  anunciaba a realización de

estudos técnicos (que, por certo, non foron remitidos a este Parlamento), un estudo de eficiencia enerxética sobre a flota de autobuses, a iluminación da contorna da chavasqueira e iluminar  dous pasos de peóns. Pasaron dous anos e medio e “nin oficina nin avances”.

A deputada concluíu a súa intervención afirmando que esta é “outra oportunidade perdida” para transformar a vidas das persoas que alí viven e que unha vez máis, séntense “enganadas” coa promesa de impulsar “o presunto ecobarrio”.

Cal é a execución orzamentaria do  ecobarrio que ía impulsar en Ourense xa no ano 2020, que proxectos reais están en funcionamento, que previsións económicas manexa a Xunta para a súa reprogramación, que fondos europeos se van a destinar e porque aínda non existe a oficina anunciada? volveu a repreguntar a nacionalista.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG