O BNG critica que a Xunta presente en agosto o proxecto para modificar a RISGA e pide a súa reformulación

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado defende reformular o proxecto recollendo as achegas dos colectivos ao borrador para que a axuda á inclusión social sexa suficiente, digna, eficaz, accesible e efectiva e non responda exclusivamente á axenda electoral do Partido popular contraria ás necesidades de miles de persoas beneficiarias

O BNG critica que a Xunta presente en agosto o proxecto para modificar a RISGA e pide a súa reformulación

A portavoz de política social do BNG,  Montse Prado rexistrou diversas iniciativas para reformular o Proxecto de decreto relativo á tramitación da RISGA. Para a deputada, a axuda para inclusión social debe estar garantida e informada porque é  un dereito cidadá e non un subsidio condicionado e ten que ser “digna, suficiente, accesible, eficaz, efectiva e sostible”. Ademais, tamén reclama ampliar o prazo de exposición  pública do Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza, como mínimo “até o 30 de setembro e recoller as achegas aportadas polos  dos diferentes colectivos que traballan neste ámbito”.

INTERESE DO PP NO RELEVO ELECTORAL NA  CONSELLERÍA

Para a deputada, a Xunta ven de presentar con “nocturnidade e aleivosía”  en pleno mes de agosto o proxecto de tramitación da RISGA e con tan só 15 días para a presentación de alegacións. Prado afirma que non existe “ningunha xustificación” para someter a exposición pública o decreto no mes de agosto tras catro anos de retraso. Na súa opinión, o  proceder do Partido popular evidencia que quere evitar o coñecemento deste prazo de exposición pública para impedir a  presentación de emendas ou suxestións por parte da cidadanía, colectivos, entidades e profesionais que traballan no terreo da pobreza e a exclusión así como a  “nula vontade” para acadar un acordo e consenso cos distintos axentes. Por outra parte, manifesta a nacionalista,  “ o Parido popular prima a súa axenda electoral co relevo na Consellaría, diante dos intereses de miles de persoas potenciais beneficiais destas axudas”.

O BNG defenderá no Parlamento reformular o proxecto por considerar que o complemento de aluguer é insuficiente, o  acceso a unha soa RISGA por domicilio cando hai sentencias xudiciais que non avalan este requisito, e sobre todo, porque é un proxecto que “non cumpre as expectativas das persoas ás que debe ir destinado”.

O BNG, demanda da consellería de Política social a ampliación do prazo de exposición pública do proxecto,  como mínimo ata o 30 de setembro, responder a todas as alegacións presentadas ao borrador do decreto, abrir a participación dos colectivos para a elaboración do decreto e incorporar as propostas para unha “RISGA de garantía e informada, accesible, eficaz e sobre todo, digna e respectuosa coas persoas beneficiarias”.