parlamento galego

BNG critica a falta de apoio da Xunta a Fandicosta e non tomar medidas para impedir o preconcurso de acredores e garantir os postos de traballo

Paulo Ríos
Paulo Ríos
Paulo Ríos cualificou de “fiasco” a política industrial do Goberno galego durante 14 anos coa destrución de máis de 40.000 postos de traballo e afectando gravemente ao sector Mar-Industria

O deputado do BNG, Paulo Ríos lamentou que a responsable de Relación Laborais da Consellería de Promoción de Emprego, Elena Mancha eludira responder ás cuestións formuladas sobre o grao de implicación e  medidas do goberno galego na crise do grupo Fandicosa así como a súa postura ante o preconcurso de acredores e impacto laboral .

O parlamentario preguntou porqué a Xunta non apoiou economicamente á empresa a pesar de contar cunha carteira de clientes estable e permitiu chegar a un expediente de regulación de emprego na empresas de grande relevancia na Comarca do Morrazo e Vigo.

Por outra parte, no contexto internacional, asegurou o deputado, a empresa e o sector Mar-Industria viven un momento de grande inquedanza ante as decisións do recen elixido presidente de Arxentina; Javier Milei e a súa política económica de “gran tarifazo” apoiado “ferventemente” polo Partido popular e que afectará negativamente ás empresas galegas con intereses en Arxentina, como a propia Fandicosta.

O deputado recoñeceu o apoio da Xunta tras o incendio da empresa e considerou que a venda das unidades de produción, por separado, factoría e frigoríficos de Domaio supoñen un duro golpe para o emprego en Moaña. Ao seu xuízo,  Xunta  renunciou no seu momento a contar cunha ferramenta financeira propia para que empresas como Fandicosta puidesen solventar con facilidade os seus problemas e non chegar a futuras vendas e perda de postos de traballo.

Neste momento, dixo, descoñecemos as condicións da venda da empresa  e dun ERTE no que constatamos que a Xunta de Galiza “non puxo nada da súa parte” agás na reconstrución da factoría tras o incendio pero falta apoio económico para a súa viabilidade por mor da situación  financeira da empresa. “Nin as entidades bancarias nin a Xunta de Galiza puxeron enriba da mesa unha solución” para impedir  o preconcurso de acredores e  ERTE, recalcou o nacionalsita.

Neste sentido, preguntou que medidas puxo en macha a Xunta para garantir a viabilidade de Fandiscosta tras formar parte do accionariado despois do incendio.

Paulo Ríos lembrou que no ano 2016, a factoría sufriu un grande incendio que destruíu grande parte  das instalacións, o que levou á Xunta de Galiza a apoiar economicamente á empresa e formar  parte do seu  accionariado co 12,5%.

“Dende o BNG denunciamos que a Xunta de Galiza non levase a cabo ningunha acción para evitar que Fandicosta chegase a convocar un preconcurso de acreedores, o que xa levou á venda de unidades produtivas en Vilagarcía e na Arxentina”. Ademais disto, os traballadores e traballadoras de Fandicosta terán que sufrir un ERTE que afectará a  69 persoas, “sen que a Xunta de Galiza se pronunciase ao respecto”.

Sendo esta empresa de interese estratéxico e estando participada pola Xunta de Galiza, “non entendemos como se chegou a este punto, poñendo en risco os empregos de Fandicosta e non garantindo a súa supervivencia, cando menos en mans de capital galego”.

O deputado do BNG concluíu a súa intervención cualificando de “fiasco” a política industrial da Xunta de Galiza coa destrución de 40.000 empregos industrias nos últimos 14 anos e  afectando gravemente a  unha das patas principais da industria galega nas  comarcas do Morrazo e Vigo, o  sector Mar-Industria.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG