O BNG celebra na rúa unha sesión plenaria alternativa para dar voz á cidadandía

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence coa mocidade

O grupo parlamentario do BNG celebrou hoxe, nas inmediacións do Parlamento, unha sesión plenaria para dar voz e protagonismo a diversos colectivos. Con esta iniciativa, o BNG escenificou as accións de protesta contra o recorte de dereitos parlamentarios e a negativa do PP a que a cidadanía formule as súas demandas dentro da institución parlamentaria.

O grupo parlamentario da comezo ao pleno alternativo coincidindo co da Cámara galega

O pleno alternativo organizado hoxe polo BNG na rúa, foi iniciado polo portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera e moderado pola deputada Tereixa Paz como Presidenta dunha sesión plenaria na que que alzaron a súa voz diferentes representantes do mundo do feminismo, cultura, sanidade, ensino, movementos sociais, plataformas de emigrantes retornados e preferentistas, sector do cerco, flota do xeito, sector gandeiro, contra a privatización dos servizos públicos e desafiuzamentos e en defensa do patrimonio, lingua e cultura galega.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence así como diferentes representantes de organizacións sindicais, culturais e sociais asistiron ao pleno alternativo na rúa organizado polo BNG.

O BNG da voz aos colectivos sociais

O portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera iniciou a sesión plenaria alternativa afirmando que “neste pleno o protagonismo correspóndevos a vós” e esta iniciativa responde á decisión da Mesa do Parlamento de recortar as iniciativas que poden ser defendidas en pleno polo BNG, unha decisión, recalcou, violando as garantías procedementais e mesmo modificando as normas que existían no Parlamento galego. Imaxinade, ironizou, se nun partido de fútbol cambian as normas cando xa vai pola metade, neste caso, aplícanse unhas normas para uns grupos e outras diferentes para outros, “atentando contra os dereitos dos deputados e deputadas”.

Pleno alternativo do BNG nas inmediacións do Parlamento

Hoxe, queremos compartir con vós a seguinte reflexión: recortar os dereitos dos grupos parlamentares é atentar contra os vosos dereitos, contra os dereitos do pobo galego intentando “tapar a voz” ás demandas galegas impedindo que sexan debatidas.

Hai unha estratexia evidente do Partido popular para anular o Parlamento porque lle molesta calquera foro onde se poidan escoitar voces críticas e propostas alternativas, temos un Partido popular que utiliza a súa maioría absoluta como “rolo” para impedir que Feijóo compareza e non responda ás preguntas formuladas pola oposición.

O PP usa a maioría absoluta para negar que se investiguen comisións como a do accidente ferroviario de Angrois. No pleno que agora comeza na Cámara galega será debatida unha iniciativa do BNG, a última hora da tarde, sobre o despedimento colectivo dunha empresa da Mariña e no uso “arbitrario” das normas parlamentarias, “nese debate, o BNG non pode convidar aos afectados á tribuna” pero sen embargo haberá convidados do Partido popular.

Recorte de dereitos e liberdades á sociedade galega

Jorquera tamén se referiu a chamada “lei mordaza” que pretende recortar dereitos fundamentais como o de manifestación ou de expresión, recortes de dereitos, dixo, como as multas a colectivos que demandan na rúa frear a inxustiza social, os desafiuzamentos, os recortes laborais, a estafa por preferentes, persoas que saen a rúa a defender os servizos básicos ou as mulleres que loitan contra a reforma do aborto. Nos últimos meses, as autoridades gobernamentais mesmo denunciaron a persoas que protestaron na rúa contra o saqueo das participación preferentes, entre elas unha muller que hoxe está aquí, Domitila e que a pesar de necesitar un andador por falta de mobilidade foi denunciada por representar “un clarísimo perigo público” non fai falta máis que vela, dixo Jorquera, a súa presenza representa unha alteración potencial da orde pública, “parabéns Domitila por loitar polos dereitos de todos e de todas”.

Plantón do g.p do BNG na Cámara galega

Asemade, lembrou que outra muller de 76 anos e un metro corenta e sete de estatura tamén foi multada por utilizar na rúa obxectos contundentes como golpear cun ferro un sacho sen mango, esta é a situación que estamos vivindo con medidas para intimidar e impedir as protestas.

O portavoz do grupo parlamentario advertiu que “NON VAN CONSEGUIR QUE CALEMOS” e baixo unha pancarta co lema “O PARLAMENTO É DO POBO GALEGO” principiou o pleno alternativo no que tomaron a palabra 36 colectivos formulando as súas demandas e reclamando o fin de “todas as mordazas na rúa e no Parlamento galego”.

Orde de intevención dos diferentes colectivos

• Davinia Rubinos- Emigración xuvenil

Intervención de Anxo Louzao

• Xosé Manuel Ribadomar- Conflito ambulancias

• Abraham Herrero Menor- Supervivencia Aspanas Termal

• Anxo Louzao/Fernando Lacaci. Plataforma Galega en defensa do ensino público

• Marga Corral- Necesidade políticas a prol da igualdade

• Xosé Manuel Garrido- Fundación Galiza Cultura

• Miguel Ángel Corredoira-Dotacións HULA Plataforma (Federación Veciñal Lucense, Abre la Muralla, 200 entidades máis)

• María Teresa García Abei- Armadora, problemática da flota do cerco

Anxo Noceda, activista contra os desafiuzamentos

• Xosé Lois Leirós- Coordinadora Nacional de Plataformas de Emigrantes Retornados

• Iria Carreira- Plataforma Dereito a decidir (dereitos reprodutivos)

• Anxo Noceda- Activista anti desafiuzamentos

• Suso Domínguez e Xosé Xulio Vicente- Plataforma afectados polas Preferentes e Subordinadas

• Chus Neira- Presidenta Comité empresa de Povisa

• Noa Carrera Afonso- Plataforma defensa Castelo de Monterrei

• Manel- CIG precarización condicións laborais

• Teresa- Profesorado CELGA

Intervención preferentistas

• Moncho Veras- Sos Sanidade Pública

• Xosé Cuns- Rede Galega contra a pobreza

• Jesús Sánchez Costa/Xose Barreiro- Xustiza e defensa Rexistros Civís Públicos

• Leo Rei Castro- Ensino Universitario público

• Patrón Ría de Arousa- Situación da Ría de Arousa

• Xabier Villar Bello- Situación do servizo de emerxencias e consecuencias da privatización dos parques de bombeiros

• Mesa Normalización Lingüística

• Produtores lácteos

• Manolo González Moreiras- Activista defensa sanidade pública, privatización hospital de Vigo

• Antón Campos- Situación laboral xuvenil

O portavoz  nacional do BNG, Xavier Vence  coa mocidade

• José Bustelo- Federación ANPAS Costa da Morte. Situación do ensino

• Xosé Alfredo Pereira- OGMVMC, situación do monte

• Alba Nogueira- Profesora universitaria

• Andrés Fernández- Asociación Pensionistas

• Ana Fra Enríquez- Defensa carácter público Residencia maiores O Carballiño

• Miguel Ogrel- Problemática flota do xeito

• Juan Lores Lázara- Long Hope, problemática pensións Noruega

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG