O BNG asistirá á mobilización en Barcelona contra o terrorismo

bng-barcelona
bng-barcelona

Entre os acordos tomados hoxe pola Executiva nacional do BNG tamén figurou asistir  á mobilización prevista  mañá en Barcelona contra os recentes atentados. “ Dende o BNG queremos dicir non ao terrorismo e deixar claro que   non temos medo. Todas e todos temos que estar con Catalunya onde como  sociedade e goberno están a dar un exemplo de como se debe xestionar unha crise destas características. Parécenos moi importante enviar unha mensaxe contra o terrorismo e a necesidade de reforzar a convivencia, loitar contra o racismo e construír unha sociedade e pobos en paz”, e o BNG seguirá traballando sempre nesta liña.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG