O BNG apoia o cerco e denuncia cotas que o condenan á desaparición

Daniel Rodas, Olaia Fernández Davila e Ana Miranda comprométense co sector a trasladar as peticións ás diferentes institucións

Reunión do BNG e ACERGA

O portavoz de pesca, Daniel Rodas xunto á deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda mantiveron hoxe unha reunión cos membros da Asociación do cerco de Galiza (ACERGA), no Parlamento galego, para analizar a situación derivada da redución das cotas que condena “ao sector á súa desaparición”

Tras a xuntanza, Daniel Rodas anunciou o compromiso desta forza política de trasladar as peticións de ACERGA ás diferentes institucións co fin de acadar un novo modelo para esta actividade pesqueira afectada “gravemente” pola reducións de cotas para a xarda, sardiña e xurelo.

O deputado lembrou que a flota galega conta cunha regulación de capturas dende hai 30 anos e foi a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, a que trasladou a Madrid “a liberalización das capturas” o que, na súa opinión, representa “un suicidio para o sector”.

As cotas da xarda responden a un modelo discriminatorio

Para o portavoz de pesca nacionalista, reducir a menos de 30.000 toneladas as capturas da xarda, (no 2013 foron 40.000) para todo o Estado e utilizar o criterio de grandes embarcacións fronte o número de barcos e tripulacións resulta “inasumible” e conduce a eliminar o dereito a pescar da flota galega.

Intervención de Daniel Rodas

Sobre o xurelo afirmou que “existe unha grande cantidade desta especie” e as cotas poderían aumentar se houbera “vontade política”.

Pola súa parte, o portavoz de ACERGA, Andrés García afirmou que “non se pode repartir o que non se ten” en relación ás 19.000 toneladas de sardiña para Portugal e Estado español, unha caída do 26% do xurelo no Cantábrico e Noroeste, e unha redución da xarda nun 15%.

A deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila reiterou que o BNG presentará novas iniciativa en Madrid para reclamar un novo modelo de cotas e distribución de zonas de pesca, “ o sector pesqueiro do litoral galego non pode seguir perdendo capacidade de pesca e abocalo ao desguace”. Son moitos, engadiu, os postos de traballo que dependen deste sector que dinamiza a economía das poboacións do litoral.

Reivindicacións do sector no Parlamento galego

Daniel Rodas explicou que esixirá no Parlamento galego a subvención ao paro biolóxico da sardiña, “un aumento da cota en función de número de barcos e tripulacións” e solicitar o trasbase de “cotas doutras zonas a Zona 100-8-C”, dende Fisterra ata o Golfo de Biscaia.Interior 2 (2)

Miranda leva a Europa o reparto discriminatorio de cotas

Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, recalcou que o actual modelo produtivo “discrimina a Galiza”, a pesar do cumprimento e plan de xestión da flota galega.

Dende o BNG, dixo, valoramos a reunión con ACERGA porque resulta necesario “aunar forzas” ante un negro futuro por mor da diminución de cotas. O cerco en Galiza está representado en moitas zonas e conta cun gran impacto económico polo que de novo cuestionou “o reparto”.

Esta situación discriminatoria levarémola ao Congreso, Parlamento galego e Parlamento europeo para denunciar o “reparto inequitativo” e acadar a decisión política de acadar cotas noutros mares, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG