Congreso

BNG apela ao Ministerio de Transportes a dar marcha atrás na supresión do paso a nivel en Peliquín (Ourense)

Néstor Rego
Néstor Rego
Néstor Rego pide ao Ministerio que “flexibilice a súa postura. Escoite aos veciños que fan unha proposta xusta e pensada desde quen habita no bairro e enfronta a rutina diaria”. Una paso soterráneo permite a circulación de viandantes e coches.

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Transportes para solicitarlle que, dea marcha atrás no plan de eliminación do paso a nivel con barreiras no barrio de Peliquín (Ourense), e atenda as demandas veciñais para que se replantexe esta actuación e o converta nun paso subterráneo.

Evitar o illamento e vellas políticas que dividen os barrios. Apostar pola integración.

Néstor Rego empraza ao Ministerio a flexibilizar a súa postura para adoptar unha alternativa que permitiría o tránsito de viandantes e de coches, impedindo o illamento deste barrio que ficaría integrado e comunicado na trama urbana. “Trátase dunha solución óptima para todas as partes. É tecnicamente viábel, só implica a ocupación dun terreo de Renfe, e beneficia aos veciños e veciñas que con esta fórmula poden acceder a todos os servizos situados ao outro lado das vías e á Avenida de Santiago”.

O deputado do BNG insta ao Ministerio a ter en conta esta opción que “facilitará a vida diaria, está pensada desde as persoas que habitan no barrio e enfrontan a rutina do día a día e as súas necesidades. Consiste en evitar engadir obstáculos aos veciños e veciñas que levan meses reclamando ao Ministerio que atenda esta petición”.

Atender as demandas veciñais e  reducir o impacto dunha grande infraestrutura

Neste sentido, lembra que o BNG xa levou este tema á Cámara Baixa na pasada lexislatura. “Insistiremos todas as veces que faga falla porque cremos que é unha boa alternativa”, afirma Rego.  Hai que lembrar que Adif propón a supresión do paso a nivel con barreiras no barrio de Peliquin (Ourense) no marco das obras de construción da Variante de Ourense do AVE, no tramo Taboadela-Estación de Ourense, e a súa substitución por unha pasarela elevada, só para o tránsito de peóns.

Afirma Néstor Rego que “non ten sentido que o Ministerio se empeñe no paso elevado, unha infraestrutura insuficiente que deixa ao barrio illado da outra marxe. Neste caso non é complicado rebaixar o impacto dunha grande infraestrutura ferroviaria, e conciliar a súa existencia coa habitabilidade da área. Manter a comunicación e evitar dividir barrios, algo xa caduco nas políticas a desenvolver no eido das infraestruturas”. Finaliza Rego, apelando ao Ministerio a reflexionar sobre “esta demanda que é xusta, e posíbel dado o ritmo lento das actuacións da Variante”. 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG