BNG acada un acordo unánime para modificar o decreto sobre nutrición sostible dos solos agrarios

Mini Rivas
Mini Rivas

Xosé Luís Rivas reclamou un novo texto axustado á proposta  da normativa europea de emisión industrial e que non interfira nas competencias galegas

Reivindicou menos dependencia dos concentrados, máis pastoreo,  redimensionar e cubrición  das fosas, máis terra agraria e impulsar a produción ecolóxica para reducir as emisións

O portavoz de agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas demandou instar ó Goberno do Estado a que retire o Real Decreto sobre as normas para a nutrición sostible dos solos agrarios  e elaborar un novo texto  que  contemple “a realidade das gandarías de vacún galego” e se axuste á  proposta da nova normativa europea de emisións industriais.

Ademais, na proposición non de lei defendida polo nacionalista, o  BNG tamén reclamaba ao Goberno Galego determinar  os aspectos do decreto que  interfiren nas competencias de Galiza e tomar as medidas para corrixilos.

Pola súa parte, o portavoz popular, J.A Aramada Pérez tras coincidir co deputado do BNG  coa “inviabilidade” do decreto en Galiza e que  provocaría o peche de moitas explotacións   anunciou o voto a favor á proposta do BNG.

Na defensa da iniciativa, Rivas  sinalou que o  día 5  de maio rematou o período de exposición pública do último intento do decreto que xa no 2020 tras a súa exposición pública “non se materializou” e desta vez aparece corrixido e trufado de “despropósitos" para a gandaría bovina de Galiza, Asturias e Cantabria.

Co obxecto de actualizar a Directiva europea sobre Emisión Industrias pero sen recollelas no texto, a Comisión europea recriminou ao Estado español non cinguirse as recomendacións sobre as emisións, a esta chamada de atención, o parlamentario nacionalista sumou “a presión” dos lobbies do porcino e dos abonos de síntese que pretenden culpabilizar a gandaría “desarticulada e condicionada polo cobro da PAC” e más facilmente “dobregable”.

Para o deputado,  “as présas” non xustifican un texto sen documentación e información veraz, preñado de datos incompletos e sen atender as características propias da gandaría galega e da Cornixa Cantábrica. Carga a culpabilidade das emisións de amoníaco e nitratos sobre esta gandaría de vacún con terra na que son a práctica totalidade pequenas e medianas explotacións familiares.

A  a quen protexe o MITECO?

O Real Decreto,  ignora intencionadamente que as porcentaxes do porcino (44%) e dos abonos de síntese (20%) chocan frontalmente co 10% do vacún de leite  do que Galicia ronda o 50% estatal, sendo en Galicia o de carne case inapreciable en emisións. A excepcionalidade que amosa o proxecto de 10has de superficie para pastos ou cultivos forraxeiros para autoconsumo (Artigo 4. Requisitos Generales) afectaría ó 68% de tódalas explotacións galegas e do 90% das vacas.

O deputado cualificou de “absurda” esta medida e afirmou que existe unha “intención maliciosa” por parte do MITECO contra a realidade galega. Xosé Luís Rivas advertiu que de entra en vigor o Real Decreto representará “un golpe mortal” para a gandaría de leite e carne de Galicia e das gandarías da Cornixa Cantábrica con características e afectacións semellantes. Unha vez máis, reiterou,  “a ignorancia temeraria, ou a defensa de intereses alleos ao sector por parte do Estado, para coas características edafolóxicas, climáticas, orográficas e de reparto da propiedade do país das galegas e dos galegos poñen en perigo os sectores de carne e leite de vacún”, que en maior medida manteñen vivas, economicamente activas e fixan poboación en  amplas zonas do rural de Galicia, moi especialmente a gandaría extensiva de montaña.

O citado decreto obrigaría a implantar nestas explotacións gandeiras toda unha serie de requisitos para, teoricamente, controlar e racionaliza-lo uso de fertilizantes e xurros ditando normas restritivas que máis ben semellan adaptadas a zonas con afectación e declaración de vulnerabilidade.

Rivas reivindicou “menos dependencia dos concentrados, redimensionar as fosas, máis terras agrarias e impulsar a produción ecolóxica para reducir as emisións”.

O nacionalista concluíu a súa intervención asegurando que o  Real Decreto non repara na  extorsión das eléctricas e  oligopolios dos combustibles, a brutal suba dos prezos dos insumos e fertilizantes, a inflación xerada e  nunha situación de crise sen precedentes a todo o sector gandeiro galego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG