O BNG acada un acordo unánime para manter o servizo de recollida de plásticos agrarios

Mini
Mini

Xosé Luís Rivas manifestou que os plásticos agrarios procedentes de invernadoiros e silos son altamente contaminantes e necesitan  ser depositados nun punto de reciclaxe polo que aplaudiu o acordo nesta materia

O BNG acada un acordo unánime para manter o servizo de recollida de plásticos agrarios

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas defendeu hoxe  unha proposición non de lei en comisión  para recuperar o servizo de recollida  dos plásticos agrarios procedentes de invernadoiros e silos co  depósito nun punto limpo e posterior reciclaxe que acadou o apoio unánime.

O parlamentario do BNG aceptou  unha emenda do Partido popular en aras de avanzar na restitución do servizo de recollida.

Rivas asegurou que os restos de  plástico agrícola   alcanza unha cifra próxima ás 8.000 toneladas e  até agora, concellos con grande actividade agraria utilizaban á empresa Tilba para a súa recollida, sen embargo, trala suspensión da axuda pública, a empresa xa  non asumiu este  servizo.

PLÁSTICOS NOS MONTES E RÍOS

As consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, dixo Rivas, deben ser conscientes dun  problema que nos pode “retrotraer a tempos nos que non era raro ver plásticos  nos montes” e aplaudiu o acordo sobre a iniciativa nacionalista para resolver este “grave problema” porque,  non queremos, recalcou, “volver a ter  imaxe de plásticos negros e brancos nos montes e ríos”.

O deputado do BNG tamén aludiu á necesidade de iniciar unha campaña informativa para tomar conciencia das consecuencias da queima de plásticos e o seu deposito en zonas naturais, “non queremos volver a ver neveiras ou electrodomésticos nos montes nin tampouco pneumáticos ou plásticos procedentes de invernadoiros e silos”.

O acordo leva implícita  a obriga de estudar medidas de colaboración cos concellos na recollida e transporte dos plásticos usados de orixe agrícola.