Ana Pontón: “Rueda é o problema da folga da xustiza, Feixóo non pode seguir escondido por máis tempo”

Ana Pontón
Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG volveu pedir a dimisión do vicepresidente, Alfonso Rueda, “porque xa forma parte do problema e non da solución, cando o que se precisa máis que nunca neste conflito é diálogo, diálogo e diálogo”.

Preguntada pola continuidade do conflito da Xustiza, Pontón salientou que Galiza “non se merece un Goberno incapaz de dar unha solución a esta folga”, incapacidade do Executivo que, “parapetándose na súa maioría, ten paralizado un servizo básico para a cidadanía”.

A dirixente do Bloque volveu pedir a dimisión do vicepresidente, Alfonso Rueda, “porque xa forma parte do problema e non da solución, cando o que se precisa máis que nunca neste conflito é diálogo, diálogo e diálogo”.

En relación á posibilidade de repetir a votación, Pontón considera que “a teoría de repetir unha votación cando non nos gusta o resultado se a aplicamos en todos os ámbitos nos levaría ao absurdo”, e reclama a intervención de Feixóo. “O presidente da Xunta non pode seguir máis tempo escondido, debe dar a cara e demostrar talante negociador, que está disposto a escoitar e buscar unha solución a unha folga que ninguén quere que dure tanto, que require máis habilidade e empatía e menos chulería como a demostrada até agora por parte do Goberno”, alegou.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG