Ana Pontón: “O PP ampara a corrupción da Valedora do Pobo”

Ana Pontón
Ana Pontón

Cualifica de “bochornosa” a Xunta de portavoces extraordinaria  convocada minutos antes do inicio da sesión plenaria e pide a celebración dun pleno extraordinario  para votar o cese da Valedora

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “bochornosa” a Xunta extraordinaria, convocada minutos antes da celebración da sesión plenaria para tratar o procedemento do cese da Valedora do Pobo, Milagros Otero, condenada polo Tribunal Superior de Xustiza e o Tribunal Supremo por “desvío de poder”  na contratación da irmán do portavoz parlamentario do Partido popular, Pedro Puy, cese que o Partido popular quere seguir dilatando. Trala Xunta de portavoces, a portavoz nacionalista denunciou que   “o PP ampara a corrupción da Valedora do Pobo”.

O  BNG e En Marea solicitaron o  cese inmediato de Otero  pero  o PP  “quere dilatar este procedemento” ata que se emita un informe, mesmo,  cambiando as normas do procedemento, explicou a portavoz nacionalista.

 O BNG solicitará, cos tres grupos, a celebración dun pleno extraordinario para votar o cese dunha  Valedora,   “condenada por un caso grave caso  de enchufismo e que non pode seguir un minuto máis ao fronte dunha  institución pública que pagamos cos impostos todos os galegos e galegas”.

 Non  podemos tolerar, manifestou  Pontón , que unha persoa que actúa con “nepotismo e enchufismo” continúe  cobrando e facendo danando ás institucións. A Valedora do Pobo non pode continuar nun cargo que a abriga a    velar pola limpeza do funcionamento da administración pública. O  grave deste asunto, engadiu  é que “ten o amparo do Partido popular”

Por decencia e respecto aos galegos e galegas, o lóxico sería acabar hoxe mesmo con esta agonía impresentable en termos políticos, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG