Ana Pontón pide unha resposta nas rúas e institucións contra a violencia machista

Ana Pontón
Ana Pontón

Reclama máis recursos e medios para  que ningunha unha  muller viva unha situación de violencia de xénero

Ana Pontón pide unha resposta nas rúas e institucións contra a violencia machista

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pediu responder “nas rúas e nas institucións contra a violencia machista” que arrebatou a vida de dúas mulleres galegas  esta fin de semana

En comparecencia ante os medios de comunicación, “condenou”  o dobre asasinato por violencia contra as mulleres. “Dous novos casos de feminicidio” que requiren, dixo, una resposta contundente dende as rúas en todas as  mobilizacións convocadas para mañá polo Movemento feminista galeo e tamén unha resposta institucional, á altura da gravidade que representa a violencia machista. Neste sentido, reclamou “máis recursos” e medios para que “ningunha muller viva nunha situación de violencia”.

Pontón tamén condenou o “discurso negacionista” e de todos aqueles que pactan cos que negan a violencia machista que está a segar as vidas das mulleres. Isto, recalcou a portavoz nacional do BNG, “é intolerable” nun sistema democrático polo que volveu pedir unha resposta de repulsa nas rúas e institucións contra os asasinatos por violencia de xénero de dúas mulleres galegas nas últimas horas.

53643487_2371073399805740_8160135647026216960_o.png