Ana Pontón pide concentrar o voto no BNG á todas as persoas que queren un cambio real en Redondela

Redondela
Redondela

Xoán Carlos González destaca que a veciñanza ve no Bloque a alternativa capaz de desenvolver todo o potencial económico, social e cultural do concello

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse a Redondela para apoiar á candidatura que encabeza Xoán Carlos González á Alcaldía, e pediu concentrar no BNG o voto de país e de todas aquelas persoas que apostan por un cambio transformador para o concello a partir do 26M.

“Redondela merece máis que un goberno esgotado e sen ideas e temos unha candidatura comprometida, cun proxecto solvente e unido para construír o futuro que merece este concello”, salientou. Por iso, “é o momento de concentrar no BNG todo o voto de país e tamén o das persoas que queren políticas transformadoras, porque somos a garantía dun cambio real e transformador”.

Tras o liderado exercido desde a oposición estes catro anos, agora o obxectivo é “liderar o cambio político que se ten que dar en Redondela”, da man dun candidato e dun equipo que “confía no potencial” desta vila e que conta cun proxecto  “capaz de desenvolver políticas para mellorar a vida da veciñanza, para desenvolver un urbanismo a favor das persoas, políticas feministas e de igualdade, e para dinamizar todo o  potencial económico, social e cultural desta vila”.

RedondelaPola súa parte,  González expresou o “optimismo” con que encara esta última semana de campaña tras percibir “o interese da veciñanza en que o BNG reciba moitos votos o 26M”.

“A xente transmítenos que hai necesidade dun cambio para que se atendan os problemas da veciñanza, que quere un desenvolvemento do potencial económico do concello, que as políticas desde o goberno local se fagan en feminino e en galego e para que o comercio local recupere a súa dinámica e permite xerar emprego”, explicou.

“Son os principais asuntos nos que imos concentrar o noso traballo de explicación coa veciñanza antes da cita coas urnas”, recalcou, tras o paseo pola vila na que fixo de guía da portavoz nacional na visita ao Festival de títeres de Redondela, que celebra a súa vixésima edición.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG