Ana Pontón pide axilizar o debate da transferencia da AP-9, e mentres tanto exixe bonificacións nas peaxes

AP-9 Libre de peaxes
AP-9 Libre de peaxes

A portavoz nacional do BNG rexeita a proposta do Ministro de Fomento de poñer peaxes ás autovías

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón demanda axilizar no Congreso dos deputados o debate da transferencia AP-9 para poñer fin as “abusivas peaxes” e a “estafa” que sitúan a AP-9 nunha das autoestradas máis caras de Europa.

Ademais, criticou o anuncio do goberno central, a través do ministro de Fomento, sobre a previsión de impoñer peaxes en todas as autovías do Estado español. Dende o BNG, “rexeitamos esta proposta” porque é “regresiva” e os cidadáns xa financiamos  cos nosos impostos as autovías. Esta medida ten, dixo ten “un afán recadatorio”. Para a portavoz nacionalista, a medida supón un risco na seguridade viaria porque as persoas con recursos accederán ao pago de vías máis seguras e os que nos os teñen se verán obrigados a circular por vías de maior nivel de accidentalidade polo que estamos, ante “unha nova discriminación económica”.

Por outra parte, a produción económica tamén se verá afectada e no caso de Galiza, dobremente porque a maior parte das exportacións de mercadorías realízanse por estrada.

Pontón criticou que a Xunta de Galiza apoie con “tibieza” unha proposta contraria aos intereses de todos os galegos e galegas cando en realidade, o que debemos facer é “parar de inmediato ese intento e poder circular polo noso país sen pagar peaxes”.

A portavoz do BNG explicou que mentres en Galiza seguimos pagando  peaxes, nalgunhas autoestradas do Estado, construídas ao tempo que a AP-9, xa foron liberadas deste pago e tanto o goberno do Partido popular, no seu momento, como o  do PSOE anuncian que pagarmos peaxes máis altas. Dende o BNG, reiterou, reclamamos unha actuación conxunta no Parlamento galego para impedir que se impoñan máis peaxes. “Hai que axilizar o debate da transferencia da AP-9” que leva   dous anos de retraso. A transferencia permitiríanos tomar as decisións sobre as concesión e as peaxes así como o “rescate para o público. Esta medida, explicou,  costaría menos que  o recate das radiais madrileñas con 3.500 M€ e AP-9 ten un valor menor, “o 56% de Audasa venderíase por 722 M€ polo que o custe de mercado ascendería a 1.400M”.

Mentres non se produce o debate definitivo da transferencia, debe ser habilitada unha liñas de bonificacións e aprobar rebaixas para acabar con este “agravio”. O parlamento debe dicirlle “alto e claro” a Sánchez e ao ministro de Fomento que “non queremos máis peaxes nin estafas na AP-9”.

FEIXÓO DEBE DISCULPARSE CON FERNANDO BLANCO

Ana Pontón mostrou a súa satisfacción polo arquivo da causa contra Fernando Blanco sobre a que asegurou que a “xustiza que  chega tarde non é xusta ” pero ao final saíu a luz a verdade e se “restitúe a súa honorabilidade.

Despois de sete anos se confirma a súa inocencia e Feixóo “débelle unha desculpa polas inxurias vertidas durante estes sete anos”. Fernando Blanco, foi “vítima dun abuso xudicial” e resulta evidente que ninguén vai poder reparar o dano causado ao noso compañeiro. Fernando Blanco é “unha persoa honesta, honrada que sempre traballou en defensa do interese público e hoxe, confirmase a súa inocencia”.

Ao dano político e persoal causado por unha xustiza lenta e abuso xudicial, súmanse as insidias vertidas por Feixóo sobre este caso e reiterou que “lle debe desculpas a Fernando Blanco por todas as inxurias e descualificacións sobre a súa persoa” e lembroulle ao Partido popular e a Feixóo que “non todos somos iguais”.

Feixóo, que  milita nun partido condenado por corrupción, debe “retractarse de todas as insidias contra a honra de Fernando Blanco e o BNG”, concluíu.

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG