Ana Pontón: “A medalla é o mérito de levantar o estado de alarma é dos galegos e galegas polo seu sacrificio e esforzo destes meses”

Ana Pontón
Ana Pontón

Ve incomprensible que o Goberno do PP contemple festas infantís desde xullo e campamentos con até 250 [email protected], pero manteña pechadas as escolas infantís

“Parece que Feixóo non entende o problema de miles de pais e de nais para conciliar vida laboral e familiar e vai ter que rectificar”, salienta

Ana Pontón: “A medalla é o mérito de levantar o estado de alarma é dos galegos e galegas polo seu sacrificio e esforzo destes meses”

A portavoz nacional, Ana Pontón, salientou que o mérito de poder levantar o estado de alarma é dos galegos e das galegas pois o seu comportamento exemplar e o seu “sacrificio” foron claves para poder avanzar na desescalada que o luns permitirá deixar atrás a medida de excepción aprobada polo Goberno central o pasado 13 de marzo.

“Desde o BNG pensamos que o que hai que recoñecer é o inmenso sacrificio que fixeron os galegos e as galegas ao longo destes meses, e son eles os que teñen que colgarse esta medalla porque é o seu esforzo, sacrificio e traballo o que nos fixo chegar até aquí”, salientou.

En todo caso, subliña a líder nacionalista e candidata á Presidencia, “as normas que hoxe publica o DOG e que entrarán en vigor a partir do luns recollen cuestións que chaman a atención, como a previsión de celebrar festas infantís a partir do 1 de xullo ou que haxa campamentos ao aire libre con até 250 menores mentres as escolas infantís permanecen pechadas”, indicou a preguntas dos medios.

Pontón non entende onde está a lóxica que motiva este tipo de prioridades por parte do Executivo do PP, “nun momento no que tantas familias teñen dificultades para conciliar vida laboral e o coidado dos fillos e fillas da a sensación de que o señor Feixóo descoñece os problemas que teñen os galegos e as galegas para conciliar, e que esta lle parece unha cuestión menor”, criticou, ao tempo que destacaba que na súa condición de nai entende perfectamente “as dificultades que hai e penso que esta, igual que outra medidas, van ter que ser rectificadas para atender as demandas de moitos pais e de moitas nais”.

 

Ana Pontón: “A medalla é o mérito de levantar o estado de alarma é dos galegos e galegas polo seu sacrificio e esforzo destes meses”