Ana Pontón: «Lugo non pode perder o tren, ten que subirse ao transporte sostible e eficiente»

Recollida sinaturas %22Lugo quere tre%22
Recollida sinaturas %22Lugo quere tre%22
Entre as medidas propostas, que se cumpran os prazos nas obras de electrificación e modernización na conexión Lugo-Ourense, modernizar a liña de conexión Lugo- A Coruña, que está sen electrificar, acabar coa discriminación de que Lugo sexa a única capital de provincia sen conexión directa coa capital de Galiza, bastaría cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Santiago de Compostela.

Ana Pontón e Néstor Rego participaron nunha recollida de sinaturas de apoio a campaña emprendida polo Bloque para reivindicar conexións ferroviarias do século XXI tanto para a cidade da muralla como para o conxunto da provincia.

“É unha reclamación xusta que debe ser atendida polo Goberno do Estado tanto aquí como no conxunto do País, para modernizar unha rede ferroviaria interior desatendida durante décadas con liñas como a de Lugo-A Coruña que está como fai un século. Benvida a chegada do AVE, pero a prioridade da maioría non é reducir unha hora a viaxe a Madrid, senón poder moverse nos seus ámbitos por razóns laborais ou doutro tipo” salientou Rego, quen avanzou que o BNG seguirá dando esa batalla no Congreso.

Recollida sinaturas Pontón destacou que esta campaña “é de toda a cidadanía que quere poñer o foco en que Lugo non pode perder o tren, senón que ten subirse ao transporte da modernidade, que é sostible, eficiente, o transporte de presente e de futuro”, subliñando que coller ese tren é clave para o desenvolvemento económico e social da cidade e da provincia, “o interior non pode seguir perdendo servizos”, sentenciou.

De feito, explicou, “cando era pequena collía o tren para desprazarme desde Oural a Sarria e a Lugo, pero hoxe esa estación está pechada, o servizo ferroviario cada vez é menor e non se ten feito o esforzo necesario para que a cidadanía lucense teña un servizo do século XXI e iso é o que reclamamos con esta campaña, coa que queremos acabar coa discriminación que soporta Lugo nesta materia e situalo no mapa ferroviario do futuro”.

Propostas Lugo quere tren

Entre as medidas propostas, que se cumpran os prazos nas obras de electrificación e modernización na conexión Lugo-Ourense, modernizar a liña de conexión Lugo- A Coruña, que está sen electrificar, acabar coa discriminación de que Lugo sexa a única capital de provincia sen conexión directa coa capital de Galiza, bastaría cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Santiago de Compostela. E para un tren moderno debe ofrecer horarios, frecuencias e tempos de viaxe que permitan usalo para ir traballar, para ir estudar, para facer xestión administrativas que se necesiten ou simplemente por ocio.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG