Ana Pontón: “É inadmisíbel a chantaxe de Rueda ás traballadoras e traballadores de Xustiza”

Ana Pontón
Ana Pontón
Ana Pontón: “É inadmisíbel a chantaxe de Rueda ás traballadoras e traballadores de Xustiza”

O BNG volve trasladar todo o seu apoio e solidariedade cos traballadores e coas traballadoras da Xustiza tras as declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, chantaxeando ao funcionarios en folga para esixir o fin das discriminacións salariais e en demanda dunha administración de xustiza áxil, eficaz e moderna propia do século do XXI.

“É absolutamente condenable a actitude da Xunta e a posición chantaxista que expresa, día si día tamén, o vicepresidente Alfonso Rueda, que en vez de esmerarse en ser unha solución demostra que é unha parte do problema. Nunha democracia é inadmisible que un Goberno pretenda chantaxear aos traballadores e traballadoras cando están exercendo o seu lexítimo dereito á folga”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.

Para a dirixente do Bloque “é a Xunta que toma como reféns aos galegos e as galegas dinamitando as negociacións”, por iso, desde a formación nacionalista demanda ao Goberno de Feixóo que acepte a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL): “Ten que abandonar a prepotencia e a chulería que durante estes quince días ten paralizada a Xustiza e entrar pola senda da razón, porque é evidente que tras unha folga tan intensa están reclamacións xustas porque ninguén fai folga por deporte”, salientou Pontón.