parlamento galego

Ana Pontón: “Galiza precisa unha presidenta ao servizo do País e non un presidente ao servizo do PP de Madrid”

Ana Pontón
Ana Pontón

Mentres outros gobernos autonómicos conseguen investimentos e avances, Rueda é incapaz de defender os intereses galegos ante o Estado, denuncia

O último exemplo: Baleares e Canarias acaban de obter a transferencia para a xestión do litoral, pero o Goberno do PP non é capaz de lograla para Galiza

A portavoz nacional, Ana Pontón, utilizou a sesión de control para evidenciar a “incapacidade política” do presidente da Xunta para defender os intereses de Galiza ante o Estado e concluíu que o País precisa “unha presidenta ao servizo dos galegos e as galegas e non un presidente ao servizo dos intereses do PP de Madrid”, algo do que se mostrou convencida que pasará en canto se convoquen eleccións.

Pontón enumerou distintos exemplos da falta de influencia e de peso político para acadar melloras para mellorar a vida da cidadanía, en contraposición con outros gobernos autonómicos que “logran proxectos, financiamento e investimentos”, mentres Rueda “está sentado e parado na estación, deixando que a Galiza se lle escape un tren tras outro”.

Como caso máis recente desa incompetencia,  á xestión do litoral, unha transferencia que Rueda non logrou para decidir desde aquí sobre a costa, pero que acaban de conseguir Canarias e Baleares nos últimos meses recentemente, e que comunidades como Andalucía ou Catalunya teñen desde hai anos. Neste sentido, Pontón avanzou que o BNG volverá levar ao Parlamento unha proposición de lei para solicitar a transferencia do litoral, e instou a Rueda a aproveita para rectificar e votar a favor:  “Deixe de boicotear o autogoberno e o futuro do País”, instou.

Igualmente, criticou que o record do Goberno do PP de cero transferencias en catorce anos, mentres Andalucía acadaba 11, Cataluña 14 e Euskadi 26. Tamén reprobou ao presidente da Xunta que non lograra que a AP9 sexa “nin galega, nin libre de peaxes, ao tempo que as radiais madrileñas foron rescatadas tamén cos cartos de Galiza”. “Menos mal que o BNG conseguira unha rebaixa histórica. “Vostede nada, nin agora con Sánchez, nin antes con Rajoy”, recalcou.

Pontón tamén contrapuxo a incompetencia de Rueda con outros gobernos do PP que, como no caso de Andalucía, acordou hai un mes co Estado un novo investimento de 350 millóns de euros para regadíos (que se suman aos 350 do ano anterior). Tamén citou a Madrid, no que o Estado investiu en 2021 (último ano con datos de execución real) 2.086 millóns, o que supón 300 euros por habitante, mentres Galiza só recibiu 533 millóns, 104 euros menos por habitante.

“Os seus compañeiros de partido cómenlle as papas negociando investimentos do Estado e que consegue o señor Rueda para Galiza? Nada”, cuestionou, para sinalar como “guinda da torta” o debate de investidura fracasado de Núñez Feijóo, no que explicou os seus compromisos con todas e cada unha das comunidades autónomas, cunha excepción: Galiza. “E vostede aplaudindo desde a tribuna, todo un símbolo de como entende o seu papel”, lamentou.

Pontón tirou de ironía para responder ás críticas de Rueda: “Parece que adiviña vostede o futuro e xa me pide que faga eu o seu traballo como se fose a presidenta da Xunta, de momento no banco azul que se senta é vostede”, declarou, mostrándose segura de que  haberá cambio en canto os galegos e as galega poidan falar nas urnas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG