A AXENCIA FERROVIARIA EUROPEA CUESTIONA AO ESTADO ESTAÑOL, ADIF E RENFE POR FALTA DE INDEPENDENCIA NA INVESTIGACIÓN DO ACCIDENDE DE ANGROIS

Ana Pontón exixe que o “Goberno pida perdón polas vítimas de Angrois”, como fixo co YAK 42

Rolda de prensa Ana Pontón e Ana Miranda
Rolda de prensa Ana Pontón e Ana Miranda
  • A portavoz do BNG en Europa pedirá que a Axencia Ferroviaria europea compareza no xuízo de Angrois
  • A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón exixe que o “Goberno pida perdón polas vítimas de Angrois”, como fixo co YAK 42, e que os responsables políticos que recortaron a seguridade no tren galego “paguen por ese erro”

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón e a representante do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda compareceron hoxe ante os medios de comunicación para dar conta do debate que terá lugar o vindeiro día 25 na Comisión de Peticións do Parlamento europeo á que asistirán responsables de seguridade ferroviaria da Comisión Ferroviaria  Europea (ERA) e o seu  director  Jofer Dopplbauer tras cuestionar o informe remitido polo Estado español, ADIF e RENFE da investigación do  accidente de Angrois.

A portavoz  en Europa Ana Miranda explicou que , “o  BNG conseguiu  en Bruxelas a terceira rolda de reunión coa Axencia Ferroviaria Europea (ERA) para tratar o accidente  do Alvia e anunciou que  a Asociación de vítimas de Angrois aportará nova documentación e datos  para  abrir novas liñas de investigación que esclarezan  definitivamente  o ocorrido. Miranda denunciou que durante meses, “ PP e o PSOE boicotearon o debate”.

O BNG pide que a Axencia Ferroviaria europea compareza no xuízo de Angrois

Miranda  explicou que a Axencia Ferroviaria Europea emitiu un informe, que posteriormente entregou ao BNG e a Asociación de Vítimas, cuestionando  “ao Estado español, o Goberno,  RENFE e Adif” por detectar  “falta de independencia dunha investigación ” da que  formaban parte empresas públicas implicadas no accidente ferroviario. Ademais, a Asociación de Vítimas non tivo ningunha oportunidade de “sere escoitada” polo que  o BNG pedirá dende Bruxelas a “comparecencia dos directivos da Axencia Ferroviaria Europea no xuízo de Angrois”.

Ana Pontón esixe que o goberno pida perdón como fixo co Yak 42

Ana Pontón insistiu na necesidade de seguir investigando o acontecido no accidente de Angrois e lamentou que a Asociación de Vítimas teña que seguir “peregrinando a Bruxelas ante a insensibilidade dun goberno que non  “ escoita ás familias e afectad@s” e tampouco está disposto a poñer fin as “mentiras do Estado e a impunidade nas responsabilidades políticas na falta de seguridade no  ferrocarril”.

Para Pontón é necesario coñecer a verdade e que  se asuman responsabilidades polo que apelou a crear comisións de investigacións nos parlamentos galego e español e esixiu que o goberno español “pida perdón polas vítimas de Angrois ao igual que fixo coas vítimas do Yak 42”, que o Estado asuma responsabilidades políticas e que as persoas que tomaron as  decisións de recortar na seguridade do tren galego “paguen por ese erro”.

A nacionalista recalcou que “merecemos unhas infraestruturas ferroviarias que cumpran os máximos estándares de seguridade” e criticou que o Partido popular non teña un compromiso firme para rematar coa modernización da rede ferroviaria ao que sumou “os retrasos e rebaixas  do AVE”. O BNG, dixo, seguirá reivindicando modernizar a liña ata Ferrol, as saídas con Porto e Lisboa así como as conexións entre Lugo-Coruña-Monforte.

 O BNG quere unha AP-9 galega e sen peaxes e  unhaTarifa  eléctrica galega

Quero responderlle a Feijóo, dixo Ana Pontón, e dicirlle que o Bloque Nacionalista Galego “non renuncia a unha AP-9 galega e libre de peaxes” e  a transferencia é o primeiro paso para acabar coa “navallada das peaxes que cada día pagan 20.000 galegos e galegas e 300.000 euros diarios e ata o ano 2048”. O rescate da AP-9 é “posible é legal” e senón que Feijóo explique porque se van rescatar con 5.000 M€ as radiais madrileñas e que a autoestrada máis rendible  non se pode rescatar, ese argumento, recalcou Pontón, “non llo compramos a Feijóo”.

Por outra parte, Pontón tamén fixo un ofrecemento ao Presidente da Xunta sobre a tarifa eléctrica, “queremos ofrecerlle un acordo de país contra a pobreza enerxética”.

Os acordos da enerxía non resolven os problemas e só buscan beneficiar as grandes empresas  polo que seguiremos defendendo “unha tarifa eléctrica galega” para que os galegos e galegas obteñamos  beneficio   do que producimos.   

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG