Ana Pontón cualifica de “pitorreo” o anuncio do pago dunha parte dos 700 millóns de euros que o Estado debe a Galiza

Ana Pontón
Ana Pontón
A portavoz nacionalista insta a Feixóo a presentar recurso e critica a “frivolidade” dos partidos estatais, PSOE, Podemos, PP e Ciudadanos e confía en que a partir do 10 de Novembro Galiza conte cunha voz que a defenda no Congreso da man do BNG
Ana Pontón cualifica de “pitorreo” o anuncio do pago dunha parte dos 700 millóns de euros que o Estado debe a Galiza
Ante o anuncio do goberno central para liberar unha parte  da débeda de 700M€ que o Estado debe a Galiza, a portavoz nacional do BNG afirmou que  único que demostra este anunciou é ate que punto as forzas estatais, tanto PSOE como PP,CIUDADANOS E PODEMOS continúan instalados “na frivolidade” e  xogando con asuntos moi importantes para Galiza.

O dez de novembro, dixo Pontón, todos os galegos e galegas temos unha oportunidade para deixar atrás a “frivolidade, cachondeo e discriminación”  e apostar  para que Galiza teña voz da man dunha opción política como o BNG que representa a “antítese” do que estamos vendo. Dende o BNG, recalcou a portavoz nacionalista, consideramos que non se pode xogar cos cidadáns e o 10 de novembro teremos a ocasión para que os galegos e galegas sexamos decisivas e decisivos no Estado e poñamos fin a “tanto cachondeo”.

Pontón volveu a pedir ao Presidente da Xunta que presente o recurso xudicial para o Estado abone a totalidade de débeda a Galiza.

 Por outra parte, manifestou que o que está acontecento evidencia que  actual sistema de financiamento “non lle vai ben a Galiza. As decisións sobre os nosos recursos, explicou, decídense en Madrid e se o Presidente da Xunta quixera  cambiar as cousas o que tería que facer é defender que “a chave dos cartos  dos galegos e galegas a tiveramos aquí”. Si nós, recalcou Pontón decidiramos teriamos máis  recursos para financiar a sanidade, a educación, mellorar o medio ambiente, as pensións e crear emprego en Galiza pero o Presidente da Xunta asinou un sistema de financiamento que nos discrimina “e non fixo nada para cambialo”.