Día Internacional das Mulleres

Ana Pontón: “Cando loitamos gañamos, e as mulleres loitadoras somos un desafío para un mundo desigual”

 

 

 

  • Na manifestación do Día Internacional das Mulleres, a portavoz do BNG, Ana Pontón afirma que o ámbito público segue sendo machista e fai un chamamento ás mulleres a loitar  contra a desigualdade e calquera das diferentes formas de violencia

Santiago de Compostela, 5  de marzo  , 2017.  Na manifestación do Día Internacional das Mulleres e baixo o lema contra o acoso laboral, a portavoz do BNG, Ana Pontón lembrou que grazas a loita feminista ao longo de moitos anos  anos e do traballo, a veces en silencio, de miles de mulleres, pouco a pouco as mulleres estamos conseguindo introducirnos no ámbito público, un ámbito, dixo no que aínda nos ven como intrusas pero “estamos aquí para quedarnos”.

manifa2

A líder do BNG denunciou o acoso laboral por razón de sexo laboral e animou a “romper cos roles e estereotipos” para loitar pola igualdade. A desigualdade está tan presente que as veces aparece como “algo normal” pero todas e todos sabemos que non o é. Temos que “desaprender” o machismo e o patriarcado para avanzar cara a un mundo no que sexan recoñecidos todos os dereitos das mulleres, manifestou.

Pontón  reiterou que é necesario un maior apoio das institucións para loitar contra todo tipo de violencia contra as mulleres, é en particular nos casos extremos de asasinato por “ terrorismo machista”.

En todos os períodos históricos as mulleres sempre fomos as grandes damnificadas por vivir nun mundo patriarcal e a loita de moitas compañeiras fixo posible que foran recoñecidos moitos dos nosos dereitos, “non podemos permitirnos un  paso atrás”, temos que continuar reivindicando un maior acceso ao mercado laboral, máis presenza no mundo público e sobre todo, romper con esas barreiras invisibles que impiden que teñamos o papel que nos corresponde, recalcou.

manifa1Ana Pontón lembrou que este ano o BNG asume o Día Internacional das Mulleres contra o acoso laboral baixo o  lema: “O acoso é desigualdade, é violencia: ERRADIQUÉMOLO!

O Bloque tamén pide que se faga un estudo de avaliación da Lei galega de Igualdade, tras doce anos de funcionamento e unha revisión dos protocolos de actuación e protección das mulleres que sofren acoso laboral.

manifa3

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG