Ana Pontón acusa a Feixóo de “imprudencia temeraria” polos recortes de persoal e recursos sanitarios en plena pandemia

Ana Pontón
Ana Pontón
Na xornada organizada polo BNG, dentro do ciclo  Parlamento aberto, foi analizada a  situación da sanidade pública  en Galiza e as demandas do persoal sanitario contra a política de recortes do PP de Feixóo
Ana Pontón acusa a Feixóo de “imprudencia temeraria” polos recortes de persoal e recursos sanitarios en plena pandemia

Na Xornada dentro do  ciclo,  “Parlamento aberto”, organizada polo BNG á que asistiron profesionais do sector sanitario, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón acusou a Feixóo de “imprudencia temeraria” por continuar recortando persoal e recursos sanitarios “en plena pandemia”. Neste sentido, indicou que estamos vivindo “un incremento de casos preocupante” e non podemos confiarnos nin baixara a garda.

O virus vai por diante dos gobernos polo que “toda prudencia  é pouca” e  cualificou de  “inexplicable” que o goberno do PP de Feixóo cometa a “imprudencia temeraria” de recortas fondos e persoal en sanidade no medio dunha pandemia, e concretamente en Atención primaria “a punta de lanza na loita contra a COVID”.

Pontón criticou que o goberno do PP non utilice os fondos extraordinarios do Estado español e da Unión europea para “fortalecer á sanidade pública” destinando só unha parte residual. Nos orzamentos para o ano 2022, só un 12% a AP que nos coloca na cola de todo o estado e non só nos aproximamos ao 25% recomendado en todos os estudos, senón que “nos afastamos desta cifra”.

Urxe unha “auténtica aposta pola Atención Primaria e rescatala do colapso no que se atopa”, recalcou e criticou que o orzamento para o 22 sexa máis baixo que no ano anterior, “dous millóns de euros menos” e 47 menos que no ano 2009.

A portavoz nacionalista tamén aludiu á elevada carga de traballo do persoal sanitario coa 3 dose da COVID e a vacina da gripe que fai necesario o mantemento do 100% do persoal contratado durante a pandemia porque si falla a Atención Primaria, “o fallo esténdese a todo o sistema”.

Parlamento Aberto Atención PrimariaAos recortes económicos, Pontón sumou o cambio de modelo que colide cos catro criterios básicos da Atención Primaria, “a proximidade, accesibilidade, relación directa entre profesionais e doentes e a continuidade na asistencia” e culpabilizou do deterioro da Atención primaria as decisión políticas do Partido popular, unha política, dixo, baseada “no desmantelamento da Sanidade pública” con  “12 anos continuados de xubilacións das/os profesionais sen proceder á súa substitución, contratacións precarias, 12 anos de recortes  de recursos económicos, 12 anos de desmantelamento das estruturas directivas, 12 anos negándose a incorporar novos profesionais para garantir unha atención sanitaria integral” e sobre todo, “12 anos de soberbia sen escoitar as/os profesionais que denuncian esta situación, e que exixen poder traballar en condicións dignas”.

Constatamos como  Facultativos dos PACs mobilizábanse  dende hai semanas para denunciar sobrecarga horaria e o abuso,  Colexios de  Médicos que teñen presentado  denuncias polo risco que supón a sobrecarga asistencial e o anuncio do recurso contra o seu sistema de xestión de demanda XIDE.

A situación, remarcou Pontón  “é grave, pon en risco a saúde das persoas e é unha falta de respecto a todas e todos os profesionais da sanidade” que nos trasladan a sensación de abandono que senten. Mentres isto acontece, dixo,  o “PP  e aproveita a pandemia  para acelerar a súa política de deterioro da sanidade pública,  e os orzamentos para o ano 2022 son un claro exemplo”.

 Fortalecer a  Atención Primaria e a saúde mental  non admite máis demoras.

Pontón explicou que  en España hai 6 psicólogxs clínicxs por cada 100.000 habitantes, en Galiza 3,5, “case a metade”, e  na Unión Europea  18. Pola  contra, “Galiza lidera o consumo de psicofármacos en España”.

Os antidepresivos foron en 2017, nun contexto sen COVID, o segundo medicamento de maior crecemento en Galiza, arredor de 400.000 galegos e galegas tomaban tranquilizantes e pílulas para durmir e a  diferencia do conxunto do Estado, “en Galiza aumentaron os problemas de saúde mental na infancia”.

No ano  2019, “en Galiza había 7.020 persoas  agardando por unha primeira consulta, case o dobre que  en 2014”. Neste ámbito, “en  Galiza faltan orzamentos,  medios,  profesionais, e servizos”.

Tras dez anos de recortes do Goberno do PP, Feixóo anunciou o ano pasado, en plena campaña electoral, o Plan de Saúde Mental pos COVID 19, cunha dotación de 83 Millóns de euros e a creación de 241 novas prazas de profesionais en catro anos que continúa sen ser executado.

Para a portavoz nacionalista é necesario reverter a situación e normalizar a AP co cen por cen da presencialidade, limitar as consultas telefónicas, reabrir os consultorios pechados, aumentar o orzamento ao 25%, e incorporar categorías para descolapsar as lista de espera.

 

 

É preciso, insistiu Pontón poñer en marcha unha política contra a precariedade e explotación na contratación  ofertando contratos dignos e estábeis, para evitar que profesionais marchen para a sanidade privada ou o  estranxeiro, e no ámbito da saúde mental “dotar o servizo  con 21 millóns de euros e iniciar  un estudo para determinar os efectos da pandemia  na saúde mental da poboación.

 

A xornada de debate “Parlamento Aberto”, organizada polo BNG  contou coa presenza de persoal sanitario de diversos servizos da sanidade pública e foi moderado pola portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado.

Ana Pontón acusa a Feixóo de “imprudencia temeraria” polos recortes de persoal e recursos sanitarios en plena pandemia