Ana Miranda e Paco García na homenaxe a Chavez organizada pola Embaixada de Venezuela

A eurodeputada e Secretaria de Relacións Internacionais, e o alcalde de Allariz, Paco García, participaron no serán do sábado 6 de abril no acto de homenaxe ao falecido gobernante de Venezuela, Chavez.

Un acto no que participaron diversas organizacións políticas, sociais e sindicais e que foi organizado pola Embaixada de Venezuela en Madrid, Polo BNG, asistiron e participaron Ana Miranda e Paco García.

O BNG apoia a Maduro para continuar coa revolución bolivariana

Precisamente a eurodeputada do BNG foi a encargada de intervir ante un aforo de máis de 2.000 persoas que abarrotaban a sala Marcelino Camacho da sede do sindicato Comisións Obreiras. Ana Miranda afirmou na súa intervención que Chavez foi "unha persoa que a ninguén deixou indiferente, que sempre estivo ao lado dos máis probes, dos máis desfavorecidos, dos marxinados, e tamén ao lado das mulleres de Caracas e Maracaibo".

Miranda puxo de manifesto que Chavez foi un grande defensor do Estado de Benestar, por iso, "o BNG non podía faltar neste acto e queremos amosar o noso apoio para co pobo venezolano"., A eurodeputada do BNG subliñou que "mois poucas forzas políticas defendenos no Parlamento europeo o proceso bolivariano. Hai unha delegación do Mercosur na Cámara europea pero ninguén tivo a decencia de dicer que morrera e ter un xesto. Só nós". Ana Miranda salientou o legado de Chávez e deixou claro o respaldo do BNG a Nicolás Maduro. Afirmou que todos os procesos electorais de Venezuela foron sempre limpos, "inequívocos. Parabenizamnos ao pobo bolivariano e estamos certos de que Maduro será o próximo Presidente de Venezuela".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG