parlamento galego

Alexandra Fernández recrimina ao goberno do PP a “súa incompetencia” para promover vivenda pública

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Criticou que  Rueda anuncie, en período  electoral, 1.800 novas vivendas  públicas despois de liquidar durante anos as políticas de vivenda pública e en oito anos só lograr incorporar 22 vivendas

Afirma que o anuncio  “non é cribel” e lembrou que prometen  vivendas para 2026, pero “non asumen ningún compromiso para esta lexislatura

A portavoz de Vivenda do BNG, Alexandra Fernández recriminou á Xunta a incompetencia na súa xestión para promover vivenda pública cando 16.000 familias, inscritas no Rexistro de demandantes, agardan por unha vivenda protexida.

A parlamentaria do BNG, interpelou á conselleira de Vivenda, Ánxeles Vázquez ante o grave problema de miles de persoas que non poden acceder a unha vivenda mentres a consellería  continúa cunha campaña de “propaganda falsa” que estendeu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda por anunciar “1.800 novas vivendas públicas ” en pleno período electoral, a pesar de que en  “8 anos só lograron incorporar 22 vivendas públicas”.  agora Agora, dixo, pretenden convencernos de que en 3 anos serán 1.800 vivendas.

Este anuncio, afirmou a  deputada,  non resulta “moi críbel” e lembrou que prometen   as vivendas para 2026, “pero non asumen ningún compromiso para esta lexislatura”. Desta maneira, poden axitar o anuncio en eleccións, e se gañan volve directamente para o caixón e se perden pois tampouco van ter que render contas por non ter feito nada antes.

Nesta liña, a deputada do BNG preguntou á titular de Vivenda, Ánxeles Vázquez si pode comprometerse a concretar  cantas vivenda  vai facer até  final de lexislatura e cantas serán este ano. Pola súa parte, a conselleira declinou responder aos datos esgrimidos pola nacionalista limitándose a amosar as fotografías de dous edificios. Agardo, dixo, Alexandra Fernández que na próximo intervención non me responda cos dúas fotos ou é que non pode ofrecer ningún dato concreto e por iso bota man das fotografías, inquiriu.

A nacionalista reiterou que durante 14 anos o goberno do Partido popular, dinamitou a vivenda protexida e recalcou que se produciu unha   “parálise total” iniciada no ano  2015 con 5 novas vivendas protexidas, 4 no 2016, 5 no 2017 e 2 no 2018, os mesmos anos nos que a Xunta tiña en marcha o Plan de vivenda onde se recollía expresamente  a necesidade de facer vivenda protexida para as 15.000 familias que solicitaban vivenda protexida.

“Vostedes sacan plans para facer propaganda pero logo a realidade é hai  anos en que apenas houbo 2 vivendas para as 15.000 familias en espera”. Este son os datos que vostede non pode negar, recalcou.

Se acceder a unha vivenda protexida é unha lotería, acceder a unha vivenda protexida de promoción pública é practicamente imposible.

A deputada explicou que  o concepto de vivenda protexida  computa baixo o mesmo paraugas que  vivenda pública e  vivenda de promoción privada con prezos limitados.

É como se computamos como “educación protexida” a suma da educación pública e a concertada de forma conxunta e por iso, a pregunta relevante é cal é a situación da vivenda protexida de promoción pública? A vivenda pública é a máis solicitada,

o 82% dos demandantes de vivenda protexida da Xunta solicitan vivenda de promoción pública pero tamén é “a máis abandonada pola Xunta”, apenas o 2% do total de vivenda  protexida nos últimos 7 anos foi de promoción pública.

En total, resumiu,  houbo a miserable cifra de “22 novas vivendas de promoción pública en 7 anos para 13.500 solicitantes”. Con este ritmo de investimento, as familias que se inscriben hoxe quizais obteñan unha vivenda dentro de 4.000 anos.

O PP anuncia 1.800 vivendas públicas para 2026 en campaña electoral

“En 8 anos lograron incorporar 22 vivendas públicas e pretenden convencernos de que en 3 anos serán 1.800 vivendas”!. É imposible que fagan 1.800 vivendas se non hai orzamento e se non se executa. En 2021 tiñan orzamentada unha partida para a construción de VPP con apenas 7,75 M€. O máis grave é que só executaron 4 M€. En 2022 orzamentaron 6 M€ e executaron 3M€. Alguén pode crer  que con este ritmo de investimento vostedes van construír 1.800 vivendas públicas en 2 anos e medio?

Vostede, dixo a nacionalista tras a intervención de Ánxeles Vázquez,  leva ocupando o cargo  en materia de vivenda 5 anos. E despois de todo ese tempo “é incapaz de presentar un só programa, un só indicador positivo”.

“Destruíu a vivenda protexida, recortou o orzamento, os poucos programas que creou foron todos un desastre porque os resultados se contaban cos dedos das mans e incluso os programas que viñan do Plan estatal foron boicoteados, ao non ordenar as convocatorias.

Agora que estamos ás portas dunhas eleccións é momento de sacar peito do feito, sería lexítimo que tratasen de remarcar os éxitos, pero non os teñen. “Vostede ten as mans baleiras, non ten folla de servizos que presentar” e ten que moverse “nese baleiro que creou”.

Na súa intervención,  a deputada do BNG  asegurou que Vázquez intenta  buscar  ocupas por todos os lados e está tan desesperada que até lle pagou cartos da Xunta a  unha deputada do PP de Castela a Mancha para que lle fixese “un informe sobre ocupación”. Pagou con cartos públicos  un informe que era un copia e pega dunha iniciativa parlamentaria do PP de Castela a Mancha, e que nin lle pasaron o típex ás mencións ao Partido socialista de Castela á Mancha.

Dende o BNG  pedimos que   se comprometa a dicir   “cantas vivendas vai ter listas para 2023? Con que investimento e onde. Porque vostede pediu esta semana a dimisión da Ministra de transportes por facer falsa propaganda coa vivenda, eu pregúntolle que vai facer vostede logo de facer o mesmo con este anuncio de 1.800 vivendas?

Que ten que facer vostede logo de entregar unha rendición de contas do anterior Plan de Vivenda corrompida a esta cámara para ocultar que prometeron 900 vivendas públicas neses 6 anos e fixeron 14? Que ten que facer vostede logo de deixar totalmente colapsado o Rexistro? Que ten que facer vostede, despois  de prometer 3.000 vivendas co programa Rexurbe a pasada campaña electoral e non superar os vinte inmobles rehabilitados. Que ten que facer vostede cando incumple os orzamentos que promete ano tras ano? concluíu a nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG