A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta ao goberno sobre as accións levadas a cabo en relación co expediente de regulación de emprego presentado no Grupo Popular-Pastor e Banco Santander denunciando o desinterese de Presidente da Xunta do que dixo, “permanece de brazos cruzados” ante unha nova destrución de emprego no sistema financeiro galego polo que reclamou a mediación do goberno que lidera Feijóo para retirar o ERE e impedir a perda da marca da entidade en Galiza e postos de traballo.
O PP E AS PORTAS XIRATORIAS
Prado denunciou que ao tempo de aplicar o despedido de traballadores, o banco segue contratando persoal a través de Empresas de Traballo Temporal e dende o BNG, dixo, seguiremos rexeitando estas prácticas. A entidade financeira busca incrementar os beneficios a costa de despedir a traballadores e traballadoras e para máis “escarnio” coloca ao fronte a unha persoa como Isabel Tocino, ex-ministra do Partido popular, persoa protexida por Manuel Fraga, Membro do consello de Admón. de ENCE, ENAGAS, Banco Santander e agora do Banco Pastor en Galiza. “O silencio do Partido popular é compensado con portas xiratorias”, afirmou.
Na súa intervención salientou Prado tamén lembrou que dende o ano 2013, “perdéronse na entidade bancaria, 1.257 postos de traballo”, e respostou á secretaria xeral de Traballo, Covagonda Toca, que o “Partido popular do goberno da Xunta non moveu un dedo” amparándose en que o ERE é do Estado, ao igual dixo, como aconteceu coa desaparición das entidades bancarias galegas, outra decisión de Madrid que o goberno Feijóo “acatou sen rechistar”.
Un ERE Express, dixo, que se resolverá nun mes e que afectará en Galiza a 179 persoas. Un novo ERE despois do 2016 coa adquisición do Pastor polo Banco popular que recibiu o “apoio do Partido popular”. Unha perda de postos de traballo que afectará negativamente a Galiza e ao seu sistema financeiro. A deputada reiterou que o ERE no Pastor é “un atraco e desfeita” e reprochou á responsable de Traballo seguir na senda de non tomar medidas ante unha situación que con toda seguridade, advertiu, non será a última. Aos traballadores e traballadores, dixo, “ofrécenlle unhas condición co aviso de que dentro dun meses esas condicións “serán peores”.
Finalmente preguntou como queda o emprego no sector financeiro e replicou a responsable de Traballo que mentres a situación é “ dramática” para o traballadores e traballadoras da entidade, vostedes amosan “satisfacción” dun ERE que ao seu xuízo, “non é traumático”.