O IGAPE responde ao BNG que tamén está en contra de desviar carga de traballo de Ferrol

A parlamentaria, Carme Adán preguntou sobre as actuacións do Goberno para evitar a perda dos bloques do flotel anunciados para os estaleiros da ría de FerrolNoticia 3

O director do IGAPE, Javier Aguilera afirmou hoxe, na comisión de Industria, estar en contra do traslado dos bloques dos floteis a Cádiz anunciados para os estaleiros da ría de Ferrol en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Carme Adán sobre as previsións do Goberno para impedir este traslado.

A parlamentaria asegurou que a Xunta anunciou nos medios de comunicación a construción do flotel como a grande inversión que sacaría a Ferrol da depresión económica e crise que padece no sector naval dende hai algúns anos e que situou no 33% de desemprego.

Adán incidiu nas declaracións do director da SEPI no Congreso onde afirmou que por mor dos retrasos en Ferrol os bloques eran desviados a Puerto Real para a súa construción e para cumprir os prazos do contrato.

Neste sentido, a deputada censurou que tras ser concedido o flotel á ría de Ferrol agora parte do mesmo sexa construído en estalerios que non son galegos, “Feijóo actúa de comercial de PEMEX e agora nos volven a tomar o pelo con este traslado”.

Por outra banda, a nacionalista tamén criticou a “pasividade” do Goberno galego ante a chantaxe de Barreras contratando empresas auxiliares do naval sen convenio laboral, o que ao seu xuízo, representa “incidir na redución dos dereitos laborais.”

Pola súa parte, a directora xeral de Traballo afirmou “non ter constancia desta situación”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG