Montse Prado: " Sanidade incumpre o acordo parlamentario sobre a endometriose"

A deputada asegurou que os diagnósticos teñen unha media de "seis a dez anos" ante a falta de recursos para a seu rápida detección e tratamento

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta en comisión relativa á demora da consellería de Sanidade para activar o acordo parlamentario en relación a endometriose, "doenza crónica que afecta en Galiza a 60.000 mulleres".

A parlamentaria lembrou que o acordo parlamentario aprobado por unanimidade na Comisión de Sanidade, o 22 de abril de 2015, contemplaba iniciar medidas para abordar a enfermidade así como o seu coñecemento difundindo unha guía de coidados a mulleres afectadas e entre profesionais ademais de fomentar o coñecemento da doenza entre mulleres menores de 25 anos en idade fértil e crear un grupo de traballo que no "prazo de seis meses" avaliara a posibilidade de poñer en marcha un Plan de detección precoz. Pero pasado o tempo atopamos, dixo, que “non se fixo nada".

A deputada explicou que a endometriose é unha enfermidade caracterizada polo crecemento de tecido endiometrial fora do útero que afecta a un gran número de mulleres. A asociación de mulleres "Querendo",engadiu, trasladou ao BNG a súa preocupación polos “escasos pasos dados en Galiza", por parte da consellería de Sanidade para tratar esta doenza.

A deputada lamentou que, unha vez máis, teñan que ser as mulleres afectadas as que demanden resposta a esta doenza cando en realidade a responsabilidade corresponde a consellería do ramo. A asociación pide, dixo a deputada, que se visibilice a enfermidade e denuncia a falta de recursos para a súa atención, porque "a peregrinase que deben facer para acadar unha diagnose, sitúase entre os seis e dez anos" polo que preguntou que medidas vai implantar a consellería porque na actualidade, afirmou, "non hai nada feito" nin se cumpriu co acordo parlamentario.

Sanidade responde que os casos graves son atendidos

Pola súa parte, o director xeral de Asistencia Sanitaria confirmou que a doenza existe e que os casos más graves son atendidos , polo que a deputada volveu a preguntar polo incumprimento do acordo parlamentario que vincula ao Goberno a cumprilo e porqué, despois de seis meses, "o SERGAS non mantivo mantivo ningunha reunión co servizo de endometrose de Vigo para iniciar o grupo de traballo con representantes de enfermería, médicos e matronas para elaborar o plan de detección precoz ou coa Asociación que demanda solucións para esta doenza".

A deputada tamén lamentou que o director xeral de Asistencia sanitaria respondera que a guía sobre endometrose está publicada na web do Ministerio polo que reclamou novamente que se cumpra o acordo parlamentario e sanidade manteña canto antes unha xuntanza cos profesionais e a Asociación de afectadas.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG