Mini pide á Xunta que cese ao máximo responsable de política forestal investigado por prevaricación

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

O deputado pide ao goberno que actúe ante a  investigación aberta a  raíz da denuncia presentada pola CIG contra o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto por presuntas irregularidades na contratación de helicópteros para a loita contra incendios

Mini pide á Xunta que cese ao máximo responsable de política forestal investigado por prevaricación

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta ao goberno trala investigación aberta contra o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto por presuntas irregularidades na contratación de helicópteros destinados á loita contra incendios.

Tras pedir  o cese de Fernández Couto, por estar investigado e por unha xestión que cualificou de “fracaso”, Rivas  preguntou á Xunta se está disposta a manter no seu cargo ao  máximo responsable de política forestal, trala investigación aberta a raíz dunha denuncia presentada pola CIG por  “adxudicación a dedo de 6,6 millóns de euros  do servizo de transporte aéreo en helicópteros das brigadas de loita contra o lume á empresa INAER”.

No 2013, a  Xunta, explicou Rivas  convocou un concurso público ao  que concorreron dúas empresas entre elas INAER. O goberno  desestimou  as dúas ofertas por incumprir  os pregos de condicións declarando  deserto o  concurso e  convocando un procedemento negociado no que elixiu “a dedo” aás empresas convidadas a participar. Só concorreu Inaer que levou o contrato cunha rebaixa sobre o prezo de partida de só 8.000euros sobre os 12,3ME da licitación.

Ademais de criticar a venda de helicópteros para alugalos despois  e aludir ao “demoledor informe” do Consello de Contas que reflicte as irregularidades posteriores, o nacionalista insistiu en  que  o responsable de política forestal da Xunta leva practicado dende hai máis de 17 anos “unha xestión errada” que quedou aínda  máis en evidencia na situación “caótica” provocada pola vaga de lumes do pasado 15 de Outubro. “ Un desastre  con máis de 60.000Has queimadas, un terror e unha sensación xeral de impotencia e abandono na poboación unido a  custes demasiado elevados de rexeneración do territorio e axudas para infraestruturas públicas e privadas afectadas, a todas luces insuficientes”.

Por outra banda, lembrou que na Ría de Pontevedra asentase ENCE, privatizada polo goberno de Azar e con produción de biomasa disfrazada de produtora de celulosa. ENCE,  cunha prorroga na concesión por 60 anos máis. Creo, dixo, Rivas  que “isto sitúa o problema”.

“Estamos destinando un monte de luxo a unha produción de miseria que o goberno galego permite animando á ocupación de terras agrarias por masas forestais que impiden a produción de alimentos e a conservación da súa fertilidade” e da que o máximo responsable de política forestal, agora investigado, “foi cómplice”, concluíu.