Mini critica o veto do PP a un fondo de axudas para compensar os danos causados polo xabaril

Xabaril
Xabaril

O BNG reclama que o PLADIGA sexa publicado no mes de marzo antes de comezar a tempada de risco de incendios

Mini critica o veto do PP a un fondo de axudas para compensar os danos causados polo xabaril

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, solicitou da Xunta a creación dun fondo e dunha liña de axudas para compensar ás persoas afectadas polos danos causados polo porco bravo, incluídas as perdas de colleitas e a rehabilitación das zonas afectadas. Igualmente, propoñía medidas de apoio á actividade agraria, gandeira e de desenvolvemento rural para moderar o censo do xabaril.

“É preciso harmonizar os intereses dos agricultores e das gandeiras coa conservación da fauna”, demandou Rivas, quen denunciou o “abandono” da Consellería de Medio Rural das persoas prexudicadas por uns danos aos cultivos “que son moi reais” e ante a única aportación do PP é vetar as propostas do Bloque neste asunto.

Na comisión parlamentaria de Agricultura, Rivas tamén defendeu unha iniciativa para adiantar a marzo a aprobación do Pladiga, “antes de comezar a tempada de risco de lumes”, e lamentou que o que debe ser un dos instrumentos principais contra os incendios tense convertido “nun corta e pega con poucas novidades dun ano para outro, elaborado por unha empresa que só serve para aparentar que se fai o que non se fai”, argumentou.

Por contra, “o Pladiga debería ser resultado da avaliación e a reflexión seria sobre a tempada anterior analizando a prevención feita, o comportamento do dispositivo de extinción, a superficie queimada e a tipoloxía dos lumes, entre outros aspectos”, explicou o deputado, quen propuxo en nome do Bloque a realización de inspeccións formais sobre o estado do montes en función do risco de propagación de lumes, e ser estritos no cumprimento das franxas de protección a núcleos de poboación e infraestruturas. Todas as propostas foron rexeitadas polo PP, incluída a petición de sacar en tempo as subvencións para a prevención de lumes.