Parlamento Galego

Luís Bará lémbralle a Rueda que Louzán segue cobrando da Deputación de Pontevedra

Luis Bará na tibuna do Parlamento
Luis Bará na tibuna do Parlamento
  • O nacionalista acusou ao vicepresidente da Xutna  de apoiar operacións de “descrédito” contra  o  BNG na Deputación de Pontevedra  e persistir  “nunha estratexia de confrontación” contra as administracións locais

Tras a comparecencia do vicepresidente, Alfonso Rueda, para anunciar as liñas de actuación do seu departamento, o deputado do BNG, Luís Bará criticou “o continuísmo” do titular da vicepresidencia da Xunta  como confirman, dixo,  os feitos da pasada lexislatura e aventurou que na actual, “nada apunta  ao optimismo”.

Sobre a administración de Xustiza, o deputado do BNG lembrou que un gran número de xulgados seguen “colapsados” por carencia de medios, sobre todo,  no proceso de dixitalización, como levan denunciado sindicatos e  profesionais da Xustiza. Ademais,  fixo fincapé nos problemas derivados do uso do galego, “moito adianto tecnolóxico pero cada vez temos máis dificultades para utilizar a nosa lingua na administración de xustiza”.

O nacionalista cualificou de  “fracaso estrepitoso” as políticas de igualdade e  loita contra a violencia machista. Nestes sentido, reiterou a necesidade “dun pacto” a nivel estatal e galego para combater con máis medios e vontade política esta “gravísima situación”.

Dr.Yekill pola mañá e Mr.Hayde pola tarde

O deputado  acusou ao vicepresidente de ser pola mañá, Dr.Yekill exercendo  de vicepresidente da Xunta e pola tarde, Mr.Hayde como  “xefe provincial  do movemento popular da provincia de Pontevedra” demostrando a incapacidade para chegar a acordos coa Deputación e instalados “nunha estratexia de confrontación” porque non asumen o cambio político desta institución. Por outra parte, tamén afirmou que  Rueda non está interesado en mudar certas actitudes e campañas contra os deputados e deputadas que traballan diariamente para cambiar vellas “políticas de prebendas e privilexios” establecidas polo Partido popular en anteriores gobernos.

A respecto do papel de Rafael Louzán, Luís Bará  preguntou cal é a súa situación como militante do Partido popular, e cal a  “situación laboral na Deputación de Pontevedra”. Ademais mostrou o seu interese por coñecer  qué traballos está a facer para cobrar “43.935 euros” desta institución. “Terá algo  que ver que vostede, no seu momento fora  asesor de Louzán cando ostentaba o cargo de Presidente da Deputación de Pontevedra”?, apostilou.

Na súa intervención, o nacionalista  criticou a permanente confrontación do Partido popular coas cidades e puxo como exemplos a  Área Metropolitana de Vigo ou Pontevedra, concello no que está a  apoiar a ENCE-Elnosa favorecendo os intereses das empresas fronte aos dos  veciños e veciñas desta cidade. Vostedes, recalcou o parlamentario, “están instalados nunha estratexia pre-electoral da campaña municipal de 2019”

Finalmente, Bará apelou ao dialogo  para acadar  unha maior cooperación entre a consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza coas administracións locais  

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG