O goberno responde ao BNG que segue valorando as evidencias cintíficas sobre a vacina da meninxite

A deputada do BNG, Montse Prado afirmou que Goberno mudou de parecer para non incluír a vacina no calendario vacinal a pesar de que as evidencias científicas seguen sendo as mesmas.

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado preguntou hoxe ao Goberno cando será incluída a vacina do Meningococo B no calendario de vacinación e que opinión lle merece a situación de "discriminación e desigualdade" por razóns económicas para o seu acceso.

Na súa intervención, a nacionalista explicou que o comportamento do goberno é “errático” e sen vontade de resolver o problema de desavastecemento das vacinas cando moitas familias galegas deben desprazarse a Portugal a mercala xa que no país veciño afirmou "non hai listas de espera nin escaseza do medicamento”.

Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, Sonia Martínez Arca asegurou que as evidencias científicas son as mesmas en Galiza e Portugal pero nese país non hai problema de subministro porque os pediatras non a prescriben, e  argumentou que “non está claro o beneficio colectivo da vacina”.

A parlamentaria lamentou que a directora xeral volvera a utilizar a falta de “evidencias científicas” cando resultan ser as mesmas. O Goberno decidiu que a vacina era relegada a uso hospitalario ou dispensación libre nas boticas, pero o Partido popular cambio de parecer o que demostra, a todas luces, dixo a nacionalista que os motivos non son de tipo científico. Montse Prado retomou a intervención de Martínez Arca quen afirmara que o Goberno non pode ceder á presión de determinados grupos ao que Prado replicou que non ceder a presión significa que se faga investigación pública e que as administracións públicas sexan as donas das vacinas. Vostedes, abondou a nacionalista, “non están dispostos a quitarlle a prevalencia a industria farmacéutica”.

Montse Prado en comisión

Montse Prado insistiu en que existe unha grande desconfianza entre a poboación ante o “vai ven” da Xunta á hora de incluír a vacina ou non e só os que teñan cartos podan mercala.

Asemade a parlamentaria asegurou que a Asociación de Pediatría está en contra da posición da Xunta e a propia Axencia europea do medicamento autoriza a vacina e afirma que é efectiva cun alto nivel de inmunización contra unha patoloxía “gravísima”.

 A deputada concluíu denunciando que o Goberno autoriza a unha empresa a subministrar a vacina a pesar de que non pode garantir o subministro, sen embargo, en Portugal cando chaman os pais e nais galegos responden que “non hai problema” e non é necesario reservar mentres en Galiza hai unha dose cada tres meses por botica, “algo deben facer” vostedes para resolver esta situación, reiterou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG