Día da Clase Obreira Galega: O BNG propón un plan de choque contra o desemprego da mocidade

Ana Pontón en Ferrol no Día da Clase Obreira Galega
Ana Pontón en Ferrol no Día da Clase Obreira Galega
Día da Clase Obreira Galega: O BNG propón un plan de choque contra o desemprego da mocidade
  • Denuncia que a precariedade trouxo un aumento do 9% dos accidentes laborais e pide máis investimento en prevención, inspección e formación

O BNG aproveitou a celebración do Día da Clase Obreira Galega para facer balance da situación do mercado laboral en Galiza, que se traduce en cifras de desemprego alarmantes entre a xente moza, caída da ocupación e das persoas asalariados e incremento da precariedade, con miles de persoas pobres aínda tendo traballo e que un aumento da sinistralidade.

“A crise provocou un grave deterioro das condicións laborais, un recorte de dereitos e un cambio sociolóxico que consiste en que un emprego non garante unha vida digna e hoxe temos traballadores e traballadoras probes”, indicou a portavoz nacional, Ana Pontón,  desde Ferrol ante o monumento do 10 de Maio en memoria de Daniel e Amador asasinados nas loitas sindicais dos 70 pola policía franquista.

ANAPONTON ACTO FERROL DIA CLASE OBRERIA GALEGA 3A radiografía do mercado laboral indica que hai 160.000 persoas ocupadas menos que no inicio da crise, e que desde 2009 todo o emprego que se destruíu foi entre xente moza expulsados de Galiza cara a emigración, ao tempo que se incrementaron as desigualdades salariais.

En 2009 o salario dunha persoa con máis ingresos equivalía a 66 traballadoras con menos ingresos. “En 2016 a relación era 1 a 89 e, en paralelo, decaen as rendas salariais máis baixas que non chegan a metade do SMI”, explicou Pontón.  Ao mesmo tempo, a reforma laboral incrementou a sinistralidade en Galiza nun 9%.

Pontón formulou as propostas do Bloque para corrixir esta situación “é rescatar os dereitos dos e das traballadoras”.

En primeiro lugar, derrogar as reformas laborais do PP e do PSOE “que están roubándolle dereitos a clase traballadora e provocando unha crise social moi importante”, denunciou a portavoz nacional. En segundo lugar, poñer en marcha un Plan de emprego xuvenil “para que a mocidade teña oportunidades en Galiza e non teña que escoller entre a emigración ou un salario que non garante uns mínimos vitais”.

E, en terceiro luar, medidas específicas para acabar coa alta sinistralidade no noso país “con máis medios e recursos en inspección de traballo e en prevención de riscos laborais e  formación”