Galegas 2024

Daniel Castro: "os 15 anos do PP fixeron que a mocidade teña que escoller entre a precariedade e a emigración, un goberno do BNG permitiranos desenvolver o noso proxecto de vida na Galiza"

Encontro mocidade de Lugo
Encontro mocidade de Lugo

Castro participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo

"As políticas de mocidade deben ser políticas integrais e transversais, desde todos os departamentos do Goberno Galego para así garantir unha boa execución e a mellora da calidade de vida das mozas e mozos de Galiza", afirmou Daniel Castro

O número 2 da candidatura do BNG en Lugo, Daniel Castro, participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo, onde presentou as principais liñas do BNG destinadas a mellorar a calidade de vida das mozas e mozos galegos. "Os 15 anos de goberno do PP na Xunta fixeron que as mozas e mozos de Gaiza teñamos que escoller entre a precariedade e a emigración, só un goberno do BNG pode darlle a volta a esta situación e garantir que poidamos desenvolver o noso proxecto de vida na nosa terra".

Daniel Castro defendeu que a política destinada á mocidade "dean solución aos problemas da mocidade galega e garantan o noso futuro, políticas que se executen desde todos os departamentos do goberno para garantir unha boa execución das mesmas, mellorando a vida das mozas e mozos de Galiza".

O BNG realizará un estudo específico sobre a situación laboral da mocidade galega, que servirá como base para a elaboración dun Plan de Emprego Xuvenil que garanta a inserción laboral das mozas e mozos, rachando coa precariedade e a temporalidade laboral, ademais de poñer en marcha un plan de fomento e apoio para a creación cultural. 

Castro anunciou que o BNG executará o Plan Retorna, que facilitará a volta á casa da mocidade emigrada, xunto con medidas destinadas para reverter a situación de emigración forzosa que atravesa Galiza, facilitando o acceso a un traballo digno para as mozas e mozos, o aumento do investimento en I+D+i e o apoio aos sectores productivos e industriais.

No tocante ao lecer, castro anunciou a recuperación dos Noitebús, reducindo a dependencia dos vehículos privados, xunto coa elaboración dun novo plan de mobilidade "creando liñas de bus interurbano que conecten os núcleos de poboación con frecuencias útiles para as veciñas e veciños".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG