Os concellos do BNG comprometidos coa igualdade

"Vivas e Visibles", campaña do concello de Sarria
"Vivas e Visibles", campaña do concello de Sarria
Os concellos do BNG comprometidos coa igualdade

sansadurniñoArredor do Día Internacional da Muller o concello de San Sadurniño organiza a vindeira semana diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Entre eles destacamos a presentación do libro “Máis aló do azul e do rosa”, de Ana Torres Jack, previsto para o venres 24 de marzo, ás 18 h, na Casa da Xuventude, un libro no que se explica como previr a desigualdade de xénero e a violencia de machista desde a familia.

Asemade, ao día seguinte, o sábado 25 pola tarde, a Casa da Cultura de San Sadurniño acollerá ademais diversos actos como proxeccións, exposicións, actuacións musicais, ... arredor do Día Internacional da Muller para promover a igualdade entre a veciñanza do concello.

“Vivas e Visibles” en Sarria

Vivas e visibles é unha iniciativa das concellarías de Cultura e Igualdade do Concello de Sarria que ten como obxectivo contribuír, desde o eido local, a visibilizar a realidade das mulleres e promover a concienciación cidadá sobre a necesidade dunha igualdade real e efectiva. “Vivas e visibles” aposta por iniciativas culturais e educativas como medios para axitar conciencias e transformar realidade que se desenvolven ao longo de todo estes mes de marzo.

xornadas de xenero 2017 casrtel(1)O concello de Ponteceso, cuxo goberno tamén está participado polo BNG, organiza ao longo deste mes diversas xornadas vinculadas ao 8 de marzo, cuxa programación podedes ver a continuación.