O BNG traslada as súas condolencias e apoio aos familiares dos tres mariñeiros falecidos en Poio

O BNG traslada as súas condolencias e apoio aos familiares dos tres mariñeiros falecidos en Poio

O BNG traslada as súas condolencias e o seu apoio aos familiares dos tres mariñeiros falecidos no accidente na Ría de Pontevedra, consciente da dureza dos momentos que están a vivir, -“seguramente un dos tragos máis amargos da vida”-, como expresaba a portavoz nacional, Ana Pontón, quen iniciaba a súa intervención no Parlamento cunhas palabras de alento a todas as persoas afectadas polo fatal accidente.

Igualmente, traslada o seu desexo dunha pronta e total recuperación aos dous mariñeiros superviventes, conscientes da terrible experiencia que acaban de sufrir, e fai chegar tamén o seu apoio a toda a familia do mar que volve a ter que enfrontar unha nova traxedia dos seus compañeiros e compañeiras de profesión.