Parlamento Galego

BNG solicita a convocatoria urxente da Deputación Permanente do Parlamento de Galiza en relación ao proceso de ALCOA

Encontro ALCOA
Encontro ALCOA

"Desde o BNG solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que a Xunta de Galiza dea explicacións das medidas que vai adoptar para garantir o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial na factoría de San Cibrao" explicou Olalla Rodil

Olalla Rodil "A Xunta de Galiza ten que liderar unha resposta diante dos incumprimentos de Alcoa, que non está a realizar os investimentos comprometidos nin tampouco reactivando as cubas e si está lanzando ameazas de peche"

A candidata do BNG, Olalla Rodil, lembrou que "a empresa estadounidense acordou coas traballadoras e traballadores rearrancaría 32 cubas de electrólise a partir de xaneiro para culminar co acendido das 512 da factoría no outono de 2025 e acaba de comunicar ao comité de empresa que apraza ese compromiso despois de adiar xa o investimento no forno de anódos que tampouco fixo. O BNG resalta que "unha empresa multinacional non pode ningunear un goberno e Alcoa leva moitos anos ameazando o futuro industrial da Mariña, de Lugo e de Galiza".

"Cómpre lembrar que a planta de aluminio de San Cribrao é a única de todo o estado, dá emprego a máis de 500 persoas e representa ⅓ do PIB da provincia. Nin A Mariña, nin Lugo nin Galiza pode perder unha industria desta embergadura" dixo Rodil e engadiu "oor iso desde o BNG insistimos en que a Xunta de Galiza debe porse ao frente, exercer as súas competencias en materia industrial e demandar, tanto da empresa como do Goberno central, o cumprimento dos acordos asinados por Alcoa en San Cibrao, o mantemento da actividade industrial e, por suposto, dos postos de traballo".

O BNG considera é hora de que os gobernos, galego e español, busquen unha solución definitiva ao futuro da produción de aluminio en Galiza e acaben con esta lenta agonía que levan soportando tantos anos os traballadores e traballadoras de Alcoa e o conxunto da comarca. Desde o BNG queremos reiterar o noso compromiso firme co mantemento da produción de aluminio en San Cibrao e cos postos de traballo en Alcoa e por iso insistimos en que, se o BNG goberna a Xunta de Galiza a partir das eleccións do 18 de febreiro, esixiremos á empresa o cumprimento dos investimentos e impulsaremos, se é necesaria, a intervención pública da fábrica para garantir a súa continuidade. "Galiza debe gañar músculo industrial, non perder o pouco que lle queda" sentenciou Olalla Rodil que mantivo no día de onte unha xuntanza co comité de empresa, xunto ao representante do BNG no congreso Nestor Rego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG