PARLAMENTO GALEGO

O BNG reclamará no Parlamento o uso “soiciosanitario” do vello hospital de Lugo

Ana Pontón e Olalla Rodil
Ana Pontón e Olalla Rodil
O BNG reclamará no Parlamento o uso “soiciosanitario” do vello hospital de Lugo
  • A portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón reivindicou hoxe en Lugo o “uso sociosanitario” da vella residencia e impedir que o edificio continúe deteriorándose “cinco anos máis”

A portavoz do grupo parlamentario do BNG,  Ana Pontón afirmou que o BNG está “traballando desde xa” e antes de que se constitúa o Parlamento galego o día 21. Neste sentido, explicou que o BNG está a realizar unha ronda de visitas por todo o país, que comezou hoxe en Lugo, co fin de presentar aos deputados e deputadas do novo grupo  parlamentar e  manter “unha interlocución directa con colectivos sociais” que serva para facer unha oposición no Parlamento cun pe na rúa.

A portavoz parlamentaria anunciou que entre as iniciativas que o BNG levará ao Parlamento figura o “uso sociosanitario” do vello Hospital de Lugo e impedir o deterioro do edificio, cinto anos máis.

Dende o BNG, dixo, queremos ofrecer alternativas aos problemas das persoas e o noso  labor é o mandato das eleccións polo que faremos unha  oposición “seria, rigorosa e construtiva”. Estamos sumando a moitas persoas a un proxecto “ilusiónante” e por iso, recalcou, estamos centrados e centradas e dar alternativas e solucións á xente. Estamos nunha etapa nova e recollemos nesta campaña moita ilusión que será o “motor para fortalecer un cambio e un espazo nacionalista”, á vista do que está pasando en Galiza.

Ana Pontón e Olalla Rodil fronte a vella ResidenciaPola súa parte, a deputada Olalla Rodil anunciou que as primeiras iniciativas que presentará no Parlamento estarán ligadas a problemáticas sociais das diferentes comarcas da circunscrición de Lugo entre as que destacou “orzamentar a Lei de dependencia”. Na súa intervención ante os medios de comunicación, Rodil lembrou a denuncia do BNG en período electoral referida a un expediente resolto tras cinco anos  cunha axuda de dez euros ao mes para atención dunha persoa dependente de grado 1,ao que sumou a eliminación do  transporte adaptado 065 e o  caso dunha muller das Nogais que debeu aboar 5.800 euros por recibir un tratamento contra o cancro de mama. Entendemos, recalcou a deputada,  que isto debe ser “restituído de maneira inmediata”.

Ademais, denunciou  que a vella residencia “atopase abandonada” e reclamou o seu uso sociosanitario para acoller o desdobramento do centro de saúde co fin de atender esta área da cidade e crear un centro para persoas maiores dadas de alta  no hospital que necesitan un período de tránsito. “ É unha obriga do Goberno galego que Lugo conte con servizos sociais e sanitarios de calidade”.

 Finalmente, Rodil explicou que o vello hospital xa contempla nos Orzamentos da Xunta  unha partida de 1,8M€ no ano 2012 para crear o Laboratorio de saúde pública  que non se chegou a executar.