parlamento galego

BNG proporá no vindeiro pleno elaborar unha macroenquisa bianual contra a violencia machista para analizar de maneira máis completa o seu impacto e recursos

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará avanzou que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Rueda que vai facer para reducir o impacto da débeda xerada polos gobernos do PP nas contas públicas galegas

Os intereses da débeda dos 14.000 millóns de euros dos orzamentos do 24 superan os 1.500 M€ e lembrou que o acordo de investidura do BNG permite que Galiza se beneficie de condicións favorables para reducir os xuros

O viceportavoz do BNG, Luís Bará avanzou os asuntos que serán tratados no vindeiro pleno previsto para os días 20, 21 e 22 de novembro.

O deputado indicou que ante a proximidade do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, o BNG defenderá diversas propostas porque a

Cámara galega, dixo, debe ser unha caixa de resonancia das demandas da cidadanía e dende o BNG trasladaremos todo o noso apoio ás mulleres vítimas de violencia machista. Nesta liña, subliñou que proporá unha batería de iniciativas entre as que destacou a elaboración “dunha macroenquisa bianual sobre a violencia machista para coñecer de maneira integral o impacto desta violencia”. Asemade, engadiu, queremos incrementar os recursos destinando o 1% dos orzamentos para política de  loita contra a violencia de xénero e a prestación periódica para mellorar o IPC e os incrementos salariais para compensar a suba dos prezos dos últimos tempos. Outra das propostas vai encamiñada a “dispoñer de  centros especializados contra a violencia machista próximos ao 14 hospitais públicos galegos”.

Débeda pública

Na comparecencia tras a Xunta de portavoces, o nacionalista criticou que Rueda se dedicara a menosprezar o apoio do BNG no acordo de investidura e pediulle que “reme a favor” das medidas beneficiosas para o pobo galego recollidas no acordo. “Que non se deixe guiar polos intereses partidistas do Partido popular e deixe de poñer paus na ‘rueda’”, recalcou.

Peche da Térmica das Pontes

O viceportavoz do BNG tamén se referiu á situación xerada pola decisión de pechar a Térmica das Pontes e o ERE na empresa Einsa coa  perda de 150 postos de traballo   polo que o BNG defenderá unha proposición non de lei para debater as demandas do concurso público “ pendente de adxudicación” para a  transición xusta  coa adxudicación  de 700MW que dinamizarían a instalación de proxectos nesta zona.

Ademais, no pleno  tamén interpelaremos  ao conselleiro do Mar para que dea explicacións sobre a “gravísima crise ambiental e económica producida polas riadas nas rías” que se suma á perda  da produtividade e igualmente interpelaremos á conselleira de Industria sobre o proxecto de beneficios económicos  que está preparar co fin de deixar “barra libre” ás empresas depredadoras dos recursos naturais do  noso país coa presentación dunha sociedade mixta antes de seren aprobada a lei. A decisión do PP, responde, afirmou o deputado,  a “intereses espurios” dun proxecto “moi cuestionado polo CES”. Resulta chamativo, criticou, que a lei non conte co territorio nin coas persoas vinculadas a el porque no fondo o que pretende o PP é “dulcificar os proxectos que con contan co apoio da cidadanía e os concellos”. ENCE, reprobou Bará, tamén estará nesa sociedade e cualificou de “moi grave” que a conselleira de Medio Ambiente, onte mesmo, presentara a Lei do Litoral en ENCE.

Finalmente, o BNG tamén preguntará ao titular de educación polas demandas do profesorado ante a redución do horario lectivo e as ratios para mellorar a calidade do ensino público, as reivindicacións dos bombeiros dos consorcios comarcais e a mellora das condición laborais e económicas da avogacía que presta a atención de xustiza gratuíta.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG