O BNG presenta mocións nos concellos da comarca de Vigo para garantir o emprego en Maderas Iglesias

Ana Pontón na xuntanza con traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias
Ana Pontón na xuntanza con traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias
O BNG presenta mocións nos concellos da comarca de Vigo para garantir o emprego en Maderas Iglesias

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón avanzou onte, tralo encontro cos representantes dos traballadores e traballadoras de  Maderas Iglesias que o BNG continuará presentando iniciativas no Parlamento galego co fin de garantir os postos de traballo e viabilidade da empresa.

Ademais das iniciativas parlamentarias, Pontón anunciou que o BNG presentará mocións nos concellos da comarca de Vigo na senda de buscar unha solución ao futuro dunha empresa que foi líder no sector da transformación da madeira  con máis de 800 empregos e que na actualidade, a pesar de ser unha empresa  “viable e con negocio”, 250 postos de traballo, na súa maioría feminino, corren o risco de desaparecer nun sector, dixo moi castigado pola crise e que xa levou por diante cerca de 6.000 empregos na industria de Vigo e comarca.

 

DESCARGAS: