parlamento galego

BNG pide a retirada do proxecto do Polígono Industrial de Pontecesures polo impacto negativo sobre a poboación e servizos da zona elixida para a súa instalación

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará lembra que son 330.000 m2 proxectados nun lugar de gran valor ambiental, densidade de poboación e dotado de servizos socio culturais, educativos e sanitarios

Pide retirar o proxecto e presentar  novos recursos para desenvolvemento económico

O portavoz de Medio Ambiente e Infraestruturas do BNG, Luís Bará puxo en dúbida a “viabilidade” do proxecto do Polígono Industrial Pontecesures e volveu a recriminar á Xunta que non remita a información sobre este asunto reclamada polo BNG, proceder que cualificou de “escurantista” polo que preguntou cal é o estado actual da súa tramitación. Bará pediu a retirada do proxecto e que a Xunta presente novos recursos para o desenvolvemento económico do concello e comarca.

Para  o nacionalista, este proxecto  é “aberrante” e un erro  atendendo ao seu “emprazamento, función e  concepción”. A previsión, explicou Bará, é que ocupe  unha  330.000 m2 nunha zona “inadecuada” para instalar un polígono na que existe unha grande densidade da poboación e  numerosos equipamentos socio-culturais-educativos e sanitarios que coliden con actividades industriais “molestas” derivadas dos  ruídos e tráfico intenso.

Por outro lado, o deputado sinalou,  que a zona conta cun importante valor ambiental como figura no propio proxecto, hábitats de interese e un lugar baixo o risco de inundacións como acreditan tamén diversos informes recollidos no proxecto. A pesar, de todas estas circunstancias, criticou, a Xunta continúa coa tramitación e pasa por riba dos problemas que se derivarán da mobilidade do tráfico polo acceso da estrada principal PO-540 que comunica  con Catoira e Vilagarcía  e sobre a que se prevé un  incremento de 5.000 a 9.000 vehículos.

Tras a intervención do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo  (IGUS), Heriberto García Porto, o deputado do BNG acusou á Xunta de disfrazar os proxectos de “camuflaxe verde”, denominando este polígono de “ecopolígono” pero en realidade, todo isto, ironizou Bará, é “un lavado en verde” que o único que conten é “unha vía ciclista no medio do polígono” e o obvian o  paso pola estrada e a densidade do tráfico.

Na súa intervención, lembrou que na fase de tramitación ambiental  existe “unha parálise”  dende xullo de 2022 e dende o BNG presentamos alegacións pero continuamos agardando dende o 28 de xullo a que nos respondan. A maiores, a veciñanza presentou máis de 1.000 alegacións e a consultora sigue incumprindo os prazos para responder. Bará centrou  as súas críticas de “falta de transparencia” na negativa da Xunta a responder ás iniciativas parlamentarias defendidas polo BNG e  as solicitudes de documentación.

Podemos confirmar,  que existen “irregularidades na tramitación ambiental” porque en marzo do 22 a  dirección xeral de calidade ambiental fixo público o informe ambiental estratéxico sen incluír o “informe de Augas de Galiza”, a pesar de que o proxecto está situado nunha zona de “risco de inundacións”.

O deputado tamén criticou o encargo dun informe hidrolóxico á consultara que nega o risco de inundacións e “inventa unha realidade paralela” e contraria aos documentos oficiais.

O nacionalista recalcou o seu malestar ante a falta de información por parte do goberno ás preguntas formuladas polo BNG e repreguntou que foi o que realmente pasou cos informes de Augas de Galiza.

Bará sumou a todas as irregularidades do proxecto o informe “desfavorable” do propio Ministerio de Transportes no ano 2022 e preguntou que consecuencias tivo para a tramitación porque o informe deixa patente a afección da estrada N-550 que atravesa o consello de Pontecesures de norte a sur. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG