O BNG pide paralizar o proxecto de planta asfáltica na Limia e un novo informe medioambiental

Noa Presas na comisión de Economía
Noa Presas na comisión de Economía

Noa Presas alerta dos problemas do paso de maquinaria, fumes e ruídos que incidirá negativamente na poboación

O BNG pide paralizar o proxecto de planta asfáltica na Limia e un novo informe medioambiental

A parlamentaria do BNG, Noa Presas trasladou hoxe á Comisión de Ordenación do Territorio as demandas de colectivos veciñais e ambientais para paralizar o proxecto dunha planta de produción de “mestura bituminosa” en quente en Parada de Ribeira, Xinzo de Limia.

A nacionalista reclamou  unha nova avaliación ambiental “máis ambiciosa” do que establece a propia lei e argumentou que existen novas circunstancias dende o ano 2014 que xustifican esta demanda como a “falta de auga a lei   reincidencia de incendios”. Para a deputada do BNG, estas circunstancias merecen reconsiderar o proxecto que require “importantes recursos híbridos” e provocará un incremento de temperatura da zona.

Ademais recalcou  que “non é suficiente que a planta non estea na zona ZEPA de protección de aves, xa que aínda así situase  demasiado cerca e pode ter consecuencias negativas para a produción agropecuaria”

Por outra parte, Presas alertou dos problemas derivados do paso de maquinaria, a produción de fumes e incremento de ruídos que sen dúbida, dixo, “minguará a calidade de vida da poboación e incrementará riscos sobre a saúde”.

Presas reiterou o seu apoio ás máis de 4.500 asinantes contra a instalación da planta e mostrouse convencida que  a veciñanza “botará abaixo o proxecto” do mesmo xeito que conseguiu impedir a tala de árbores da avenida de Celanova.

A deputada explicou  que  no  2014, coñecida a avaliación ambiental positiva da Xunta, a resposta   social e política desde Xinzo foi “unánime” para impedir a construción da planta instando  á Xunta a denegar  a licenza, ademais de ser  aprobada por unanimidade  unha moción, a instancias  do Bloque Nacionalista Galego, na Deputación de Ourense.

A parlamentaria afirmou que despois dos pronunciamentos políticos e a aprobación por unanimidade contra a planta asfáltica na Limia,  resulta “incomprensible” que agora “o PP do concello e da Xunta se pasen a pelota en lugar de buscar unha saída á preocupación da xente”.