O BNG insta ao Goberno a tramitar “en tres meses” a ILP contra a pobreza enerxética aprobada hai un ano

Xuntaza BNG- promotores ILP pobreza enerxética
Xuntaza BNG- promotores ILP pobreza enerxética
  • A portavoz nacionalista, Ana Pontón e a deputada e portavoz de enerxía, Noa Presas  mantiveron hoxe  unha xuntanza cos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular contra a pobreza enerxética e a favor de implantar  a tarifa eléctrica galega

O grupo parlamentario do BNG mantivo hoxe unha xuntanza cos promotores da Iniciativa Lexislativa popular contra a pobreza enerxética e a favor de implantar a  tarifa eléctrica galega. As deputadas do BNG e os promotores da ILP coincidiron en  establecer accións ante  “o secuestro que está a facer o Partido popular dunha lei ” aprobada, hai máis dun ano, no Parlamento galego.

Noa Presas afirmou   que non existe ningún motivo para seguir demorando a tramitación da lei  que ademais   contrasta “coa celeridade” do Partido popular á hora de axilizar outros textos lexislativos como a recente lei de acompañamento aos Orzamentos co fin de introducir diversas modificacións non sometidas a debate parlamentar . Tanto para o BNG como para  o grupo promotor da ILP é urxente iniciar os trámites da ILP, e non permitiremos,dixo a deputada Noa Presas, que persista  “o silencio” dunha iniciativa que contou cun grande aval social.

 Ante os medios de comunicación, a deputada anunciou  que  nas próximas semanas, o grupo parlamentario do BNG  promoverá   que sexa iniciado  “o procedemento ordinario para tramitar a lei” e instaremos ao goberno galego a que “no prazo de tres meses a lei poda ser  aprobada no Parlamento galego”. Presas explicou  que o mes de marzo é suficiente para as comparecencias de expertos e expertas na materia, o mes de abril  para rematar  os traballos e  prazo de emendas e  no mes de  maio, sería posible que “ todos os grupos parlamentarios  podamos aprobar a lei”

Na súa intervención, a deputada volveu reiterar   as denuncias sobre o tiquet eléctrico do que dixo foi destinado a outras partida e  só representou,  “unha nova manobra de propaganda do Partido popular”.

Autogoberno real para Galiza

A nacionalista tamén se referiu ao anuncio do Presidente da Xunta á consecuencia  das declaracións do ministro de Facenda, Cristobal Montoro quen afirmou que a convocatoria de prazas públicas para profesores e profesoras en Galiza  depende do pacto entre o PP e PSOE no Estado cara a aprobación dos Orzamentos xerais. Para a deputada, o Partido popular galego demostra ser “subsidiario do ditado do Goberno central e estar supeditado aos intereses dun goberno en minoría do Estado e non do que necesita Galiza”. Condicionar as contratacións do SERGAS e do Ensino público aos orzamentos de Madrid é unha mostra máis da “pouca capacidade que temos para decidir sobre os servizos básicos que ademais temos que financiar nós”.

Dende o BNG, engadiu a nacinalista, seguimos apostando por outro modelo de financiamento, “un concerto económico que nos permita contar con máis recursos para xestionar as nosas competencias galegas sen depender do que lle conveña ao Sr. Rajoy no goberno de Madrid”.

Con outro modelo de financiamento, recalcou teriamos   capacidade para xestionar  o  cen por cen dos nosos recursos  e decidir canto persoal precisamos na Sanidade pública e no Ensino e criticou a “estratexia publicitaria do goberno de Feijóo, plenamente consciente dunha convocatoria que sería decida en Madrid e que agora xustifica por presións do Estado para que PP e PSOE acaden un novo pacto de orzamentos no que Galiza non teña nin peso político nin   voz”, concluíu

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG