parlamento galego

BNG esixe a Rueda que rectifique e considera unha “auténtica ruindade” que o PP sosteña as súas “calumnias”

Luís Bará
Luís Bará
Luis Bará advirte que “non todo vale” en política e atribúe o “nerviosismo” dos populares ao “avance imparable da forza do cambio que representa Ana Pontón”

Diante das afirmacións feitas onte por Alfonso Rueda en sede parlamentaria, e a publicación na conta oficial do PP da mesma “infamia” que supón dicir que o BNG despreza aos maiores, o deputado e viceportavoz Luís Bará esixiu ao presidente da Xunta unha rectificación pública das súas palabras, así como a retirada inmediata da mensaxe dos populares en redes sociais.

“O que está facendo o PP é unha auténtica ruindade e unha auténtica indignidade”, considerou Bará, ao tempo que criticou que “ao señor Rueda parece que non lle chegou con facer onte unha demostración de chulería e de desprezo ao Parlamento senón que ademais deu ordes para poñer en marcha a política máis ruín, chea de mentiras e de calumnias”.

Luis Bará cre que as declaracións do titular da Xunta e a publicación na conta oficial do PP pon de manifesto o “nerviosismo e a desesperación” dos populares galegos “diante do avance imparable da forza do cambio que representa hoxe o BNG de Ana Pontón”, que supón, engadiu, “a esperanza dunha maioría de galegos e galegas”.

“Hai límites que non se poden superar e hai afirmacións moi graves que desacreditan e denigran a quen as pronunciou”, advertiu “con toda a contundencia e firmeza” o viceportavoz parlamentario do BNG.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG