O BNG envía a súa solidariedade e apoio ao movemento nacionalista corso

Gilles Simeoni
Gilles Simeoni

A Executiva Nacional insta ao goberno francés de Emmanuel Marcron a recoñecer o triunfo electoral do Pobo corso que pide maior autonomía

O BNG envía a súa solidariedade e apoio ao movemento nacionalista corso

A Executiva Nacional do BNG enviou hoxe a súa solidariedade e apoio ao Presidente do Goberno de Córcega Gilles Simeoni, na demanda dunha solución de diálogo entre Francia e Córcega, despois de que Macron se negara a resolver un conflito que leva 40 anos en tempo morto. O BNG lembra que o Pobo Corso deu unha dobre vitoria electoral ao movemento unificado nacionalista/independentista corso, que acadou un tempo novo de rexeitamento da violencia como na decisión clara de apoiar un novo estatuto de recoñecemento de autonomía para Córcega coa transferencia de competencias.

DQd2u33WAAIF1FpFronte a este mandato claro de maior autonomía para Córcega, o BNG critica que o Goberno francés presidido por Macron, rexeite o diálogo cunha posición centralista. Nesta oportunidade única cunha situación de pacificación insólita e de mandato claro e maioritario do Pobo Corso, que con 55, 6% dos votos na dobre maioría e con 41 escanos de 63, quere competencias propias e autogoberno.

O BNG súmase ás declaracións de apoio da Alianza Libre Europea que dende diversos Pobos de nacións sen estado de Europa, seguimos defendendo que as Nacións poidamos decidir.