Bildu, Compromís, Esquerra e BNG organizan a conferencia “Franquismo post Franco”

franquismopostfranco
franquismopostfranco

A conferencia desenvolverase na sala A5E2 do Parlamento Europeo o luns 20 entre as 15h e as 20h.

Bildu, Compromís, Esquerra e BNG organizan a conferencia “Franquismo post Franco”

Bildu, Compromís, Esquerra e BNG organizan a conferencia “Políticas da memoria europea: Franquismo despois de Franco” no Parlamento Europeo, cuxo programa desenvolvemos a continuación.

A conferencia pode seguirse en liña a partir das 15h do 20 de novembro desde a seguinte ligazón.

PROGRAMA CONFERENCIA  “FRANQUISMO POST FRANCO”

Hashtag para Twitter: #FranquismoPostFranco

  • 15.00h: Apertura da Conferencia a cargo de Jordi Solé-MEP, Josu Juaristi-MEP, Ana Miranda, Portavoz BNG Europa e Jordi Sebastià, Portavoz Compromis Europa

 

Panel 1-  FRANQUISMO POST FRANCO: PERSISTENCIA E CONTINUIDADE INSTITUCIONAL, ATAQUES Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Presenta: Ana Miranda 

Modera: Fernando Varela, xornalista de Infolibre 

  • 15.10h: “O franquismo do Estado español, hoxe”. Ramón Cotarelo, catedrático de Ciencias Políticas da Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED
  • 15.25h: “40 anos para El Jueves, duramos máis que a dictadura de Franco, máis menos que o franquismo”. Guillermo Martínez-Vela “Guille”, Director de El Jueves
  • 15.40h: “A devolución do Pazo de Meirás como símbolo da fin da ditadura 42 anos despois da morte de Franco”. Goretti Sanmartín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña
  • 15.55h: “O apagón do franquismo”. Lourenzo Fernández-Prieto, Profesor de Historia da Universidade de Santiago-USC

 

Panel 2- POLÍTICAS EUROPEAS DE MEMORIA: Accións de recuperación da Memoria Histórica, de Italia a España, pasando por Bruxelas

Presenta: Jordi Solé-MEP Esquerra, Grupo Verdes-ALE

  • 16.10h: Barbara Spinnelli, Eurodeputada GUE-NGL
  • 16.20h: Comisión Europea, responsábeis do Programa “Memoria Democrática Europea”-Programa “Europa para os Cidadáns”
  • 16.30h: “Cómo promover o coñecemento do franquismo en clave europea?”. Martí Grau, Curador da Casa de Historia Europea, Parlamento Europeo.  
  • 16.40h: “A Lei de memoria democrática e pola convivencia da Comunidade Valenciana, unha ferramenta chave para a reparación das vítimas do franquismo”. Ferran Puchades Vila, Secretario Autonómico de Xustiza, Administración Pública, Reformas Democráticas e Liberdades Públicas da Generalitat Valenciana
  • 16.50h: “A recuperación do Patrimonio catalán da República”. Josep Huguet, Presidente da Fundació Josep Irla.
  • 17.00h: “A xenealoxía xenocida no Proxecto nomesevoces.net”. Antonio Míguez Macho, Profesor de Historia  da Universidade de Santiago-USC

 

PANEL 3. IMPACTO DO FRANQUISMO NAS IDENTIDADES NACIONAIS NO ESTADO ESPAÑOL

Presenta: Josu Juaristi-MEP EH BILDU (GUE-NGL)

  • 17.10h: “As secuelas do Franquismo en Euskal Herria”. Iñaki Egaña, Presidente de Euskal Memoria Fundazioa.
  • 17.20h: “Impacto do Franquismo en Catalunya”. Josep Maria Solé i Sabaté. Historiador
  • 17.30h: “Franquismo e anticatalanismo no País Valencià”. Vicent Flor, Profesor do Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universitat de Valencia 
  • 17.40h: “Franquismo, Memoria Histórica, Identidade e Cuestión nacional”. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Profesor de Historia da Universidade da Coruña e Presidente da Fundación Alexandre Bóveda.

 

PANEL 4: IMPACTO ECONÓMICO DO FRANQUISMO: portas xiratorias e riqueza espoliada

Presenta: Emilio Grandio, Profesor de Historia Contemporánea Universidade de Santiago-USC. Contextualización:  “A creación dunha Dictadura: da Res Pública ao Privativo”.

  • 17.55h: “Caso paradigmático do Pazo de Meirás en Galiza como exemplo de impunidade e persistencia do franquismo económico”. Carlos Babío, Asociación da Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña-ARMH e Manuel Lourenzo, Investigador, autores do libro “Meirás, un Pazo, un caudillo, un espolio”.

 

PANEL 5. DEREITOS HUMANOS E MEMORIA DEMOCRÁTICA

Modera: Alexandre Mato, correspondente en Bruxelas de Capital Radio, Revista Contexto-CTXT

  • 18.15h: “A Democracia española e a impunidade do Franquismo”. Josu Ibargutxi. Membro da Plataforma Goldatu  (polos dereitos de presos e represaliados vascos da ditadura franquista).
  • 18.25h: “Buracos á impunidade. Desde Priaranza do Bierzo a Bos Aires”. Marco Antonio González Carrera, Vicepresidente da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica-ARMH, Ponferrada
  • 18.40h: “Memoria con perspectiva de xénero para unha cultura dos Dereitos Humanos”. Manuela Bergerot, Querella Arxentina. 
  • 18.50h: "O esquecemento programado da memoria. Análise do delito de negacionismo en Europa". Sara Carou, Profesora de Dereito Penal da Universidade da Coruña-UDC
  • 19.00h: “Foxas do franquismo: o terror silenciado”. Juan Miguel Baquero, xornalista especializado en Memoria Histórica
  • 19.15h: “A recuperación da Memoria Histórica en Galiza, un traballo da sociedade civil”. Matias da Torre, Iniciativa Galega pola Memoria-IGM. 
  • 19.30h: DEBATE

-Clausura a cargo de Josep-Maria Terricabras, Eurodeputado de Esquerra.

CARTEL-gal