Ana Pontón reclama máis recursos para combater a violencia machista porque “non chega só con lazos lila e declaracións”

Mobilización 25N
Mobilización 25N

A portavoz nacional subliña a necesidade de facerlle fronte ao negacionismo porque “quen nega a violencia de xénero alenta que as mulleres teñan que vivir desprotexidas”

No Día Internacional contra as Violencias Machistas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,  subliñou o dereito das mulleres a vivir “sen violencia, a ser libres e iguais” e reclamou máis recursos para axudar ás mulleres que sofren esta situación porque, dixo, “é necesario algo máis que declaracións e lazos lilas”.

Pontón, que asistiu á manifestación convocada en Santiago, reclamou tamén máis medios para loitar contra a desigualdade o patriarcado “que segue a reproducirse na sociedade”, e fixo un chamamento a facerlle fronte ao discurso negacionista da violencia de xénero, porque “é un absoluto perigo para a propia vida das mulleres”. “Quen nega a violencia de xénero está alentando o silencio, está alentando que as mulleres teñan que estar desprotexidas”, advertiu.

Xusto antes de que botase a andar a manifestación, subliñou ademais o compromiso do BNG para seguir impulsando as políticas feministas e loitar contra o machismo na defensa das mulleres e o seu dereito a vivir libres e iguais.  

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, volveu reclamar neste 25-N, “coma todos os días do ano, que remate a violencia de xénero,  que se poña fin ao seu punto máis extremo, que son os feminicidios, e que se acabe tamén esa discriminación continuada en tódolos ámbitos”. “Basta xa de involución, precisamos garantir os dereitos das mulleres no día a día tódolos días do ano”, asegurou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG