Ana Pontón pide investigar até as últimas consecuencias un asasinato de Samuel que ten causado unha gran conmoción social

Ana Pontón
Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, de visita no Campus Innova na Coruña quixo ter, unha vez máis, palabras de apoio coa familia e amizades de Samuel, nunha cidade e nunha Galiza que saio as rúas para pedir xustiza e rexeitar o discurso do odio e da intolerancia.

“Estando na Coruña, quero volver trasladar todo o apoio e solidariedade a familia e amizades de Samuel, reiterando a petición de que se investigue até as últimas consecuencias un asasinato tinguido de homofobia que ten provocado “conmoción social”.

“É importante que se investigue até as últimas consecuencias sen descartar ningunha vía e que os responsables paguen e se faga xustiza”, indicou, ao tempo que insta a dar un debate social “para que os discursos de odio non teñan cabida” nun momento en que resulta evidente que por parte da extrema dereita se intenta “amplificar” ese discurso de intolerancia, “un discurso machista, racista ou homófobo”.

Destacou o seu orgullo por formar parte dunha sociedade que demostra que non está disposta a aceptar ese marco de intolerancia, “e agora tócalle as forzas de seguridade, ás administracións e aos gobernos estar á altura”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG