Parlamento Europeo

Ana Miranda urxe a recuperar e protexer o panteón de A Casa de Galicia de Montevideo

AM A Casa Galicia
AM A Casa Galicia

A eurodeputada do BNG defende que se teñan en conta as reivindicacións da colectividade galega de Arxentina e Uruguai

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que participa en Bos Aires e Montevideo nunhas intensas xornadas de traballo que inclúen encontros coa colectividade galega, pon de releve o inmenso traballo os galegos da diáspora están desenvolvendo “contra vento e marea” polo fomento da cultura e lingua galega e polo mantemento do patrimonio cultural levantados cos aforros e esforzo dos galegos e galegas emigrantes.

Neste contexto, a eurodeputada galega fai un chamamento para evitar a perda dun patrimonio tan relevante como é o panteón, pertencente a A Casa de Galicia de Montevideo, como xa aconteceu coa súa sede social e o sanatorio, froito dunha lamentable operación especulativa –o centro social acolleu nos anos 40 o goberno da República no exilio-. “Non podemos permitir que se perda o patrimonio galego na diáspora, tanto sexa en Bos Aires como en Uruguai”, subliña Ana Miranda.

Así en Montevideo mantivo reunións co Padroado da Cultura Galega –onde emiten o programa de radio en galego máis antigo do mundo e no que se publicaron por primeira vez obras prohibidas en Galiza pola ditadura e que demandan a organización de máis cursos de galego- e con A Casa de Galicia, entidade creada tras o inxusto peche da Casa de Galicia. Precisamente na nova Casa de Galicia a directiva trasladoulle á eurodeputada do Bloque o agradecemento ás denuncias e xestións realizadas para evitar ao perda do patrimonio, coa complicada do goberno uruguaio e do goberno galego do Partido Popular.

Lamentable desleixo do goberno galego

“Grazas á mobilización da colectividade galega e das iniciativas presentadas polo BNG conseguimos que A Santa, a icónica escultura de Asorey, non se perdera e que agora estea no museo Zorrilla de Montevideo. Pero é moi lamentable que o desleixo do goberno galego poña en risco o patrimonio cultural e histórico dos galegos e galegas”, manifesta a eurodeputada do Bloque

Neste sentido, Ana Miranda salienta o inmenso traballo que desenvolve a directiva do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, así como o Centro Galicia –que acolle a histórica obra de Castelao A derradeira lección do mestre, en referencia ao asasinato de Alexandre Bóveda, así como diferentes obras de Luis Seoane-, e a Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, entidades coas que xa se reuniu nos días previos. Por outro lado, a eurodeputada do Bloque tamén se reuniu co Consello de Residentes Españois (CRE), dependente do Consello Xeral da Emigración, que lle trasladou diferentes peticións para o BNG no Congreso


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG