Ana Miranda: “Italia rescata preferentistas mentres España abandona á estafadas pola banca”

Ana Miranda: “Italia rescata preferentistas mentres España abandona á estafadas pola banca”
  • A Comisión europea acorda con Italia pagar “de forma xeralizada” aos  afectados pola venda “fraudulenta de produtos financeiros”

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda censura a actitude do Goberno español cos preferentistas tralo acordo acadado hoxe entre a Comisión europea e Italia para que a Banca pague de “maneira xeralizada” aos pequenos inversores con fondos públicos a venda fraudulenta de produtos financeiros. O  Executivo comunitario, explica Miranda autoriza a inxección de fondos públicos no Banco Monte Dei Paschi para compensar aos minoristas que perderon os seus aforros polo comportamento fraudulento do banco.  

Para a portavoz nacionalista  en Europa, o Goberno español deixou “tirados” e deu as costas  aos preferentistas galegos, en contraste  co acordo acadado hoxe pola Comisión europea  con Italia que beneficia aos afectados por preferentes e subordinadas.

Ana Miranda explica que no ano  2012, Bruxelas permitiu que os preferentistas do  Estado español, na súa maioría galegos, asumiran parte dos custes ou perdas pola inxección de diñeiro público, ofrecendo a alternativa para recuperar os  seus aforros  que  os propios preferentistas  acudiran á vía xudicial ou de arbitraxe para recuperalos. Diante dunha estafa masiva dos bancos, engade Miranda,  foi exclusivamente  a loita das Plataformas de Afectados polas Preferentes e Subordinadas quen mobilizou e obrigou aos bancos culpables a devolver os aforros de miles de galegas e galegas.  Sen embargo, os afectados  que perderon seus aforros  na banca italiana pola acción fraudulenta da mesma, poderán recuperar  os seus aforros de forma xeralizada, sen ter que recorrer nin a  xustiza nin a  arbitraxe.

O BNG denuncia que mentres que Italia, no momento de negociar o rescate bancario con Bruxelas, si denunciou que existía unha venta fraudulenta de títulos como as preferentes, o Goberno español non denunciou.  Mentres Italia pide un proceso de reestruturación transparente e informando de que existía unha venta fraudulento xeralizada, o Goberno de Rajoy non informou con transparencia, e  cinco anos despois, é o “colectivo  preferentistas galegos  quen paga as consecuencias desta actuación ineficaz”.

Miranda considera que o Goberno español fixo “desleixo” das súas  funcións ante  da Comisión Europea como ven de demostrar o acordo negociado entre  Italia  con Bruxelas  para o  pago de todo o estafado e de maneira xeralizada e non con reclamacións individuais.